Eleccións Xerais 10N: O PSOE gaña as eleccións pero Pedro Sánchez fracasa no seu plebiscito


O PSOE foi o partido vencedor nas eleccións de onte pero non reforzou a súa posición tras a  nova chamada ás urnas, pola contra os 123 escanos de abril convertéronse agora en 120, perdendo máis de 760.000 votos. Aínda que continúa sendo a lista máis votada, debería abrir un período de reflexión e, como mínimo, tería que ofrecer desculpas, xa que levou ao país a unhas segundas Eleccións Xerais este ano, tras as que se profundizou aínda máis o bloqueo. O fracaso de Pedro Sánchez non poder ser o fracaso dunha nación. 


O PP liderado por Pablo Casado conseguiu  88 escanos (22 deputados máis), gaña 646.216 votos e lidera claramente a oposición.

Vox chegou aos 52 escanos (28 deputados máis) e convértese en terceira forza.

Podemos e as súas confluencias retroceden sete escanos para quedar en 35, perdendo 653.960 votos.

Cidadáns queda con dez deputados  perdendo 47 escanos, equivalentes a uns 2,5 millóns de votos.

A fragmentación política é evidente e fará moi complicada a gobernabilidade do país. Toca, pois, maior responsabilidade neste panorama incerto. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.