domingo, 10 de noviembre de 2019

Eleccións Xerais 10N: Comeza a votación á que están chamados 37.000.608 electores

Hoxe 10 de novembro de 2019 celébranse as décimo quintas eleccións a Cortes Xerais en España e 37.000.608 electores están convocados ás urnas para elixir a 350 deputados e 208 senadores. Deles, 34.872.049 residen en España e 2.128.559 no Estranxeiro.

A votación desenvólvese nas 59.538 mesas electorais instaladas nos 22.867 locais electorais. Dos residentes en España, hai 226.771 novos electores desde as Eleccións Xerais do 28 de abril de 2019 e 100.000 son persoas con discapacidade intelectual, enfermidade mental ou deterioración cognitiva, en virtude da reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeneral.

Destes novos electores, 1.157.196 son cidadáns que cumpriron 18 anos desde a anterior convocatoria, celebrada o 26 de xuño de 2016, e 100.000 son persoas con discapacidade intelectual, enfermidade mental ou deterioración cognitiva, en virtude da reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeneral.

Para o desenvolvemento da xornada electoral do domingo 10 de novembro,  están dispostas 211.000 urnas e 58.000 cabinas de votación nos locais electorais. Ademais, 400 millóns de papeletas, 68 millóns de sobres e 905.000 manuais de instrucións para os membros de mesas.

A seguridade durante o desenvolvemento da xornada electoral está garantida por máis de 92.000 efectivos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, incluíndo Policía Nacional, Garda Civil, Policía Autonómica, Policía Local e servizos de emerxencia, e Protección Civil.

O orzamento para as Eleccións Xerais do 10 de novembro de 2019 ascende a 135,8 millóns de euros.

Ás 10 horas votei no meu colexio electoral sito no CEIP Curros Enríquez.