En Sportur Galicia 2019, o salón do Deporte e Turismo Activo

Visito esta mañá en Expourense  Sportur Galicia 2019 o  III Salón do Deporte e Turismo Activo que se celebra desde onte e ata hoxe.

Trátase dun evento único que conxuga turismo e deporte con educación e coa adopción de hábitos saudables que poidan mellorar a nosa calidade de vida. A finalidade é ofrecer novas opcións aos que xa practican deporte e animar aos demais a que tamén o fagan. Para conseguir isto, o salón conta cun completo programa que supera o cento de actividades.

As 36 federacións e asociacións e  clubs deportivos presentes en  Sportur  Galicia  realizandistintas actividades. Os deportes que estarán representados nesta cita son: ciclismo; escalada; atletismo; slalom para deporte adaptado; marcha nórdica;  zoa e baile; ximnasia rítmica; voleibol;   kung-  fu; deportes náuticos (piragüismo, remo,   kayac e Canoa, vela, etc.);   pitch   and   putt;  mini   basket; rugby; taekwondo; halterofilia; baloncesto; esgrima antiga;   kickboxing; xadrez;   pentatlón moderno; tiro virtual; tiro con arco, etc. 


Moitos deles aproveitaron a súa presenza en  Sportur  para organizar campionatos a nivel provincial e autonómico. Destacan ademais as actividades do programa “ Xogando Atletismo” organizadas pola Federación Galega de Atletismo que convocarán por centos de deportistas de varios centros educativos. 

Ademais  Sportur foi o punto de entrega de dorsais para os que pensamos  particpar na  XLIII Carreira Popular de San Martiño, que conta con preto de 11.000 rexistrados.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.