Coa exemplar Asociación de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense


Participo hoxe en Santa Cruz de Arrabaldo, na comida anual da exemplar Asociación de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense, Atave- a máis antiga da provincia- e que preside Manuel Álvarez Gil que deu a boa nova de que finalmente quedou pagada a sede desa asociación no Cumial.

Nela existe un Centro de Formación que leva anos  impartindo cursos de formación ocupacional dirixidos a mozos desempregados e servindo de Centro de Reciclaxe onde se reconverten e actualizan todos os traballadores e empresarios integrados en  ATAVE.


Unha asocación que mantén unhas excelentes  relacións coas diferentes Administracións Públicas, centrais sindicais, peritos  tasadores de automóbiles, compañías de seguros, etc. para a defensa dos intereses comúns dos seus asociados.

Parabéns a este importante colectivo.




Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.