lunes, 21 de octubre de 2019

Admirando a Igrexa visigótica de Santa Comba, un dos monumentos máis emblemáticos de Galicia

Despois da visita de hoxe a Lobios, tiven a oportunidade de ver no concello de Bande a igrexa máis antiga de Galicia, a de Santa Comba, na boa compañía da deputada banduense Ana Vázquez, do seu alcalde José Antonio Armada e ademáis de Carmen  Leyte, candidata ao senado e veciña do cercano concello de Cartelle.

A finais do sigo VII os  visigodos deixáronnos esta xoia que foi o primeiro edificio da provincia de Ourense declarado monumento nacional no ano 1921. 

Atópase na aldea de Santa Comba na estrada  N-540 de Ourense a Portugal a 10km de Bande e a 1km de Porto Quintela.

Asentada sobre un antigo mosteiro, a súa fundación data do século VII aínda que sufriu varias reformas ao longo dos séculos, a máis importante no s. IX. 

No seu interior garda un antigo sepulcro de mármore branco, onde se conta que estivo o corpo de San Trocado, un dos primeiros discípulos do Apóstolo  Santiago, antes de ser trasladado o mosteiro de Celanova.

Edificio composto por catro bóvedas de  canón  peraltadas que se cruzan e no medio unha bóveda de arestas, todas elas en ladrillo lembrando ao mundo romano.

Destaca a  ábsida á cabeceira pola súa forma: plano ao exterior e non  semicircular, a ela accédese a través dun arco de ferradura  visigodo sostido por dúas parellas de columnas con capiteis de estilos diferentes. 

A  ábsida conserva pinturas da segunda metade do século  XVI, restauradas no ano 2003, nas que se representan varias escenas relixiosas e presidindo a igrexa, a estatua barroca en madeira  policromada de  S.  Trocado. 

No interior da igrexa consérvanse un gran número de vestixios romanos.

Ademais puiden admirar desde alí a vista no horizonte dos Picos de  Fontefría (1.422 metros) no veciño  concello de  Muiños,  lindando con Portugal.

Recomendo a todos visitar este magnífico monumento e por suposto tamén o cercano campamento militar romano Aquis Querquennis, en Porto Quintela.

Bande ten moito que ofrecer ao visitante.