Medra o paro rexistrado en setembro o que constata á desaceleración económica


O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de setembro de 2019.
Respecto ao mes de agosto, o desemprego subiu en 13.907 persoas en setembro, o que representa un incremento do 0,45%. O número total de persoas desempregadas alcanza a 3.079.711 persoas.

O desemprego masculino subiu en setembro en 3.182 persoas respecto a agosto e sitúase en 1.250.720 persoas. O desemprego feminino aumentou en 10.725 persoas e sitúase en 1.828.991 persoas. Se o comparamos co mes de setembro de 2018, o paro masculino baixa en 62.431 persoas e o feminino redúcese en 60.367.

Pola súa banda, o desemprego dos mozos menores de 25 anos incrementouse en setembro en 22.694 persoas respecto ao mes anterior, mentres o paro entre as persoas de 25 e máis anos de idade baixou en 8.787. En termos interanuais, o paro dos menores de 25 anos descendeu en 15.154 e o dos traballadores de 25 e máis anos baixou en 107.644.

O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego ( SEPE) baixou en 122.798 persoas respecto ao mesmo mes do exercicio anterior, cun ritmo de redución interanual do 3,83%.

O paro rexistrado baixou en oito Comunidades Autónomas respecto a agosto, entre as que destacan: País Vasco (-2.444), Castela–A Mancha (-2.145) e A Rioxa (-932). Sobe, pola contra, en nove, encabezadas por Andalucía (4.866) e Estremadura (4.025).

En todas as Comunidades Autónomas o paro baixou en termos interanuais, destacando Andalucía (-41.243), Madrid (11.387) e a Comunidade Valenciana (10.139). Só na Ciudad Autónoma de Ceuta incrementouse o paro en 316 persoas.

Ourense:


Sube o paro rexistrado en 305 persoas (1,75%) No mesmo mes do ano 2018 o paro baixaba en setembro en 32  persoas (- 0,17 %).

A nivel interanual, isto é, con respecto a setembro do ano pasado,  1.068 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 5,67 %. 

O número de parados queda en 17.772, deles 7.375 son homes e 10.397 mulleres, 16.866 son maiores de 25 anos e 905 menores.

Por sectores, 784 son da agricultura, 2.046 da industria, 1.379 da construción, 11.796 nos servizos e 1,767 do colectivo sen emprego anterior. 

Galicia:


O paro rexistrado de Galicia medrou en setembro en 3.164 persoas con respecto a agosto (un 2,06 %). 
 
O número de parados queda en 156.984, deles 64.594 son homes e 92.390 mulleres, 149.768 son maiores de 25 anos e 7.216 menores.

Por sectores, 4.979 son da agricultura, 17.561 da industria, 12.363 da construción, 108.477 nos servizos e 13.604 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a setembro do ano pasado, 9.336 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 5,61 %. 


O paro baixa tamén: 

• nas 4 provincias galegas e nas 7 grandes cidades;
• en todos os sectores de actividade, liderando o descenso a construción (-11,55%), seguida da industria (-6,26%), da agricultura e pesca (-5,36%) e dos servizos (-4,27%).


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es


Recibirá resposta



Con la tecnología de Blogger.