Parabéns a Garda Civil de Ourense na festa da patroa, a Virxe do Pilar


Hoxe é 12 de outubro e participei nos actos do Día da patroa da Garda Civil, a Virxe do Pilar.

Primeiro na misa na Catedral de Ourense, e logo no acto castrense no acuartelamento de Santa Mariña.

Xustamente neste ano, se conmemora o 175 aniversario da fundación da Garda Civil.

Neste acto o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández entregou unha garabata á comandancia da Garda Civil para conmemorar este aniversario é en agradecemento polo servizo prestado en toda a provincia, sendo competente en materia de seguridade cidadá en 91 dos 92 concellos.

Grazas a Garda Civil e parabéns a todos os integrantes deste benemérito Instituto.





Con la tecnología de Blogger.