Eleccións Xerais 10N: Feijóo reivindicou para España un Goberno que sexa garantía de estabilidade política, institucional e económica e de compromiso con Galicia



Está tarde nun mitin Ribadavia o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou para España un Goberno como o galego que, ademais de exercer as súas funcións, sexa garantía de estabilidade política, institucional e económica e de compromiso con Galicia. Neste punto, avogou pola “política útil”.
  
Así, destacou que, un ano máis, a Xunta vén de aprobar, en tempo e forma, os Orzamentos para 2020, para seguir crecendo e creando emprego: “Galicia é un suposto excepcional”. 

Unhas contas, apuntou, para acadar unha Galicia máis verde, máis social, máis familiar e con menos impostos.

E é que, tal e como subliñou, ningunha Comunidade apoia máis ás nais e pais que Galicia; agora, coa gratuidade das escolas infantís a partir do segundo fillo.


Feijóo salientou que o Partido Popular é garantía para que España conte con goberno e deixe atrás o desgoberno actual, ademais de ser a única formación capaz de devolver a estabilidade ao país e de defender os intereses de Galicia, porque, segundo sostivo, “cumprindo con Galicia, cumprimos con España”. 

Así mesmo, indicou que o PP é a única alternativa a un goberno que non está a actuar ante os sinais de alerta económica. Por iso, avogou por unir o voto para que as cousas cambien en España e se afronten os problemas. Para Feijóo, levamos 16 meses perdidos en tempo e en diñeiro.

OS GALEGOS CONTAN COA XUNTA

O líder do PPdeG sostivo que os galegos poden ter por seguro que coa Xunta sempre poderán contar, pero que precisan, igualmente, un Goberno de España que teña e manteña os seus compromisos coa nosa Comunidade, e que non prexudique á industria. E é que, tal e como dixo, as decisións do Executivo de Pedro Sánchez están a afectar ao emprego e a infraestruturas clave como o AVE.

De cara o vindeiro 10 de novembro, dixo que o PP é a única alternativa para que haxa un presidente, e non un candidato en permanente campaña electoral, e para que se dea prioridade a gobernar e non a cuestións partidistas.

 Por iso, avogou porque todos os votos que en abril querían outro goberno e non obtiveron escano se unan ao Partido Popular, para así acabar co bloqueo do país, ademais de para que non haxa un Executivo que dependa dos que alentan a división do país.

 Feijóo apuntou que os españois non poden pagar o fracaso destas lexislaturas, senón o seu único responsable: Pedro Sánchez. “Hai unha alternativa de ter un presidente, un goberno e unhas políticas distintas”.

Para rematar, o presidente do PPdeG referiuse á xuntanza desta mañá en Barcelona, na que o BNG lle daba a man tanto a Torra como a Bildu, pedindo a independencia: “Un pacto anti España e anti Galicia”. Para Feijóo, que o PSdeG, que ten como socio preferente de goberno ao BNG, dea leccións de centralidade “é un sarcarmo”.
Con la tecnología de Blogger.