jueves, 17 de octubre de 2019

En marcha as obras de construción das sendas peonís en Razamonde

Vexo esta semana que comezaron as obras de construción das sendas peonís en Razamonde (Cenlle) na travesía da N-120

As obras comprendidas neste proxecto divídense en 5 bloques fundamentais:

 - Traballos previos, demolicións e movemento de terras. - Firmes e pavimentos. 
- Drenaxe da plataforma e das beirarrúas proxectadas. 

- Sinalización e Defensa do conxunto do tramo, tanto vertical como horizontal, incluíndo a instalación de sistemas de contención onde resulten necesarios, así como as varandas no  pontón e a solución ao tráfico durante a obra. 

- Varios: limpeza de beirarrúas con auga a presión, posta a cota de tapas, e limpeza e terminación das obras.

Agardo que rematen e prazo estas obras de xeito que podamos dotar dunha maior seguridade viaria  a Razamonde mellorando as marxes da estrada para o seu uso peonil, dado que na actualidade gran parte do tramo carece de beirarrúas ou o seu estado é deficiente.