miércoles, 18 de septiembre de 2019

Na viaxe de supervisión do tramo Zamora-Pedralba de la Pradería da Liña de Alta Velocidade (LAV) Madrid-Galicia


Viaxo esta tarde a La Hiniesta, Zamora para  realizar unha viaxe nun tren de probas co ministro de Fomento en funcións, José Luis Ábalos coa finalidade,de supervisar o tramo Zamora-Pedralba de la Pradería da Liña de Alta Velocidade (LAV) Madrid-Galicia.


Tamén estivo o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, o presidente de Castela-León, Alfonso Fernández Mañueco; a presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera; o presidente de Renfe, Isaías Táboas, e o conselleiro de Fomento e Medio Ambiente de Castela-León, Juan Carlos Suárez-Quiñones

A visita comezóu na Base de La Hiniesta para finalizar no cambiador de ancho dual de Pedralba. 


Adif-AV informou que no tramo Zamora-Pedralba de la Pradería xa están finalizadas todas as estruturas (túneles, viadutos, pasos superiores e inferiores) e realizadas as probas de carga. Tamén se executaron as probas de  auscultación internas, tanto xeométricas como dinámicas de vía e  catenaria, con trens laboratorio de  Adif. Así mesmo, séguese avanzando coas probas en campo e laboratorio nas instalacións de seguridade e  enclavamentos.

Adif Alta Velocidade está a preparar a documentación de seguridade para o proceso de acreditación e posta en servizo do tramo, e estímase que a finais do mes de novembro póidanse realizar as probas para velocidades por encima de 200 km/ h co tren laboratorio Séneca. Superadas con éxito estas fases, poderanse realizar as probas con trens comerciais.

Unha instalación que posibilitará o uso dos 110,75 km de trazado de alta velocidade entre Zamora e Pedralba e producirá aforros nos tempos de viaxe de máis de 50 minutos. Asimesmo, séguese traballando intensamente no tramo Pedralba-Ourense, que comezará as pruobas a comezos de 2020. 

Na actualidade o tempo de viaxe directa desde Galicia ata Madrid oscilan entre as 4 horas e 22 minutos desde Ourense ás 6 horas e 41 minutos desde Pontevedra. Está previsto que se reduza ata 3 horas e 30 minutos no caso de Ourense e 4 horas e 50 minutos no de Pontevedra coa posta en servizo do tramo Zamora- Pedralba. Os tempos de viaxe volverán reducirse coa posterior posta en servizo entre  Pedralba e Ourense, cando se situarán en 2 horas e 15 minutos no primeiro caso e en 3 horas e 10 minutos no segundo.

Tamén Ábalos, sinalou que Ferrol e Lugo tamén verán reducidos sensiblemente os seus tempos de tránsito. Neste sentido, anuncióu que o Consello de Ministros autorizará neste mes a licitación da electrificación do tramo Ourense -Monforte, clave para que os servizos ferroviarios na líña de Lugo podan beneficiarse das prestacións da liña de alta velocidade que visitamos.


Alfonso Rueda indicou que a Xunta espera que se cumpran os prazos e que a
inestabilidade nacional que levou a convocar novas eleccións xerais non supoña máis retrasos na  posta en marcha do AVE a Galicia. 

Agradeceu a invitación por parte do Ministerio de Fomento ao Goberno galego para participar hoxe no viaxe en probas da liña Zamora- Pedralba e destacou  que os avances na liña de Alta Velocidade son fundamentais para a nosa comunidade como infraestrutura crucial para as nosas comunicacións e para a competitividade territorial de Galicia.

O vicepresidente da Xunta, manifestou que despois de anos esperando o remate das obras, o Goberno galego porá todo o que estea nas súa mans para que o AVE chegue a Galicia o antes posible, incidindo ademais na importancia que terá a posta en marcha desta infraestrutura para o Xacobeo 2021.


As vantaxes da alta velocidade para a nosa comunidade son de especial importancia en todos os eidos e Galicia precisa contar cunhas infraestruturas de calidade polo que é necesario que se siga avanzando e cumprindo cos compromisos neste eido, e que a nosa comunidade e por ende todo o noroeste peninsular non estea no furgón de cola das comunicacións ferroviarias, indicou o vicepresidente no transcurso do acto.