En agosto o número de ocupados descendeu en 212.984 persoas respecto ao mes anterior



O número de ocupados descendeu en 212.984 persoas respecto ao mes de xullo, o -1,09%, de modo que a afiliación media á Seguridade Social alcanzou os 19.320.227 ocupados. En termos mensuais é o peor dato de afiliación desde 2008.

O descenso da afiliación en agosto é constante na serie histórica. Así en 2018, a variación  intermensual foi moi similar, de -1,07%, con 202.996 afiliados menos que en xullo dese ano. En 2017, o descenso foi de 179.485 ocupados, un -0,97%.

O Réxime Xeral rexistrou un descenso de 195.763 persoas no último mes (-1,21%), ata situarse en 15.987.629 ocupados.

En agosto, a afiliación creceu en termos absolutos en Actividades Sanitarias e Servizos Sociais (22.124); mentres que diminuíu en Educación (-59.630), Construción (-27.464), Industria Manufactureira (-22.760), Actividades Artísticas e de Entretemento (-16.063), Actividades Administrativas (-14.224), Actividades Científicas (-12.180), Comercio (-12.062) e Administración Pública (-10.668).

En canto ao Sistema Especial Agrario, finalizou con 25.138 afiliados medios menos (-3,45%), situándose agora en 703.650 persoas. Pola súa banda, o Sistema Especial do Empregados do  Hogar descendeu en 3.460 (-0,86%) e agora alcanza os 398.053 ocupados.

O Réxime de Autónomos conta con 3.261.552 persoas, tras descender en 17.282 (-0,53%) no último mes.

O Réxime Especial do Mar crece en 70 ocupados (0,10%) ata situarse en 69.696. Finalmente, o Réxime Especial do Carbón conta con 1.351 afiliados medios tras restar 9 persoas (-0,69%).

Por comunidades autónomas, o número de afiliados creceu en agosto en Asturias, con 1.679 afiliados máis (0,45%) e Cantabria, onde se sumaron 999 ocupados (0,44%), e mantívose sen variación en Canarias. A afiliación descende no resto de autonomías. Os maiores descensos prodúcense na Región de Murcia (-2,61%), a Comunidade Valenciana (-1,94%) e Cataluña (-1,85%).

Crecemento interanual

En relación ao ano pasado, o Sistema gañou 480.413 ocupados, o que supón un 2,55% máis. En termos interanuais, destaca o bo comportamento do Réxime Xeral, con 468.160 traballadores máis (3,02%). O crecemento alcanza o 3,43% (493.592 afiliados máis) se falamos do Réxime Xeral sen ter en conta os sistemas especiais Agrario e do Hogar.

No Réxime Especial de Traballadores Autónomos, a taxa interanual aumentou un 0,38%, o que se traduce nun crecemento de 12.276 persoas.

O Réxime do Mar creceu un 1,18% (811 persoas) e o Carbón contabilizou un descenso de 835 ocupados (-38,19%).

En termos interanuais, a afiliación aumentou en todas as comunidades autónomas. Destacan, en cifras absolutas, os incrementos de Madrid (100.529), Andalucía (96.411), Cataluña (80.045) e Comunidade Valenciana (51.512).

Galicia:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado agosto en 1.036.900 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 582 persoas afiliadas menos respecto ao mes anterior (-0,06 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou un incremento de 16.513 ocupados, (1,62 %) o que supón unha media de 45 ao día. A Comunidade leva seis meses consecutivos por riba do millón.

A afiliación ao Réxime Xeral terminou agosto con 804.557 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 211.003 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 21.341 afiliados medios.

A estabilidade da economía galega permite á Comunidade comportarse mellor ante a incerteza política de España e, así, as afiliacións medran a un ritmo maior do que baixa o paro.

Ourense:


O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado agosto en 104.656 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 294 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (0,28 %). 

 En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un incremento de 514 ocupados (0,49 %). 

 A afiliación ao Réxime Xeral terminou agosto con 80.907 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.749 afiliados medios. 



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.


Con la tecnología de Blogger.