No Congreso Internacional "Termalismo 2021-2027: dinamización dos territorios e reto demográfico" no proxecto "Raia Termal"


Asisto esta mañá no Balneario de Riocaldo en Lobios ao acto de inauguración dun congreso internacional que baixo o título "Termalismo 2021-2027: dinamización dos territorios e reto demográfico", analizará o papel dos balnearios no desenvolvemento socioeconómico dos territorios nos que están situados.

Un evento, que terá lugar ata o día 18 de setembro, e que está organizado polo proxecto "Raia Termal", co liderado da Deputación de Ourense, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, e os municipios transfronteirizos de Terras de Bouro e Melgaço.

Nese acto presentado pola alcaldesa de Lobios Carmen Yañez falou o presidente da CH Miño-Sil, José Antonio Quiroga e o vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Armando Ojea, e representantes das Cámaras lusas.

Neste evento internacional no que falarase sobre a procura de fórmulas de cooperación para manter e incrementar a contribución do sector termal ás economías dos pequenos municipios nos que se asentan maioritariamente estas instalación, participarán persoas procedentes de 17 países: España, Portugal, Francia, Italia, Reino Unido, Alemaña, Croacia, Arxentina, Brasil, Costa Rica, Colombia, México, Chile, Ecuador, Panamá, Tailandia e Emiratos Árabes.

Raia Termal

Este congreso atópase dentro das actuacións do proxecto "Raia Termal", cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020. Este proxecto pretende poñer en valor os recursos naturais termais e vertebrar de xeito conxunto as iniciativas de xestión e comercialización para crear un único destino termal de fronteira e contribuír así ao desenvolvemento do termalismo e favorecer o turismo de calidade na zona transfronteiriza entre Galicia e o norte de Portugal.

E xusto ecoñecer o gran traballo realizado polo anterior presidente da CHMS, Paco Marín, pois foi o ideólogo e conseguidor deste proxecto europeo.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.