Ás portas dun debate de política xeral nunha sesión do Parlamento de Galicia


Acabamos de coñecer que Xunta vén de solicitar na Cámara galega, como fai cada ano, a celebración do debate de política xeral, coa comparecencia do presidente Feijóo.

A Xunta cumpre así co establecido na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, onde no artigo 48 se establece que o Goberno galego solicitará anualmente ao Parlamento a celebración dun debate de política xeral, ao comezo dun dos períodos ordinarios de sesións.
A sesión, como vén sendo habitual, tería como punto único da orde do día a comparecencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para informar e debater respecto da situación política da Comunidade Autónoma de Galicia.que a celebración do debate de política xeral teña lugar nunha sesión plenaria deste mes de setembro.

Trátase de dar contas, debater, e amosar transparencia. En tempo e forma, como ven facéndo cada ano, un Goberno estable e centrado en Galicia, a diferencia da inestabilidade que propoñen outros e dos que prefiren defender os intereses do seu partido a capa e espada por riba dos intereses lexítimos dos galegos, como ocorre na reclamación dos 700 millóns que nos debe o Estado. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta



Con la tecnología de Blogger.