jueves, 1 de agosto de 2019

Finalizada a 1ª fase das obras de mellora integral da estrada OU-105, en Seixalbo


Nunha entrada deste blog do pasado 24 de maio din conta de que ese día reciíamos a boa nova de que a Xunta de Galicia viña de adxudicar as obras de mellora integral da estrada OU-105, en Seixalbo, por un investimento de case 600.000 euros.

Estas actuacións, comezaron na segunda quincena de xuño, e foron adxudicadas á empresa F. Gómez y Cia. O prazo de execución establecido era de 12 meses aproximadamente.


E hoxe celebro a nova de que a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou hoxe o impulso dunha segunda fase das obras de mellora da seguridade viaria na estrada OU-105, ao seu paso por Seixalbo, tras concluír os traballos nun treito de 1,5 quilómetros mediante un investimento autonómico de 850.000 euros.

Subliñou que o conxunto das obras nesta estrada de titularidade autonómica non só se mellorarán a mobilidade e accesibilidade de Ourense nun treito da Vía da Prata, senón que se contribuirá a poñer en valor Seixalbo como un dos núcleos históricos da cidade.

Vázquez Mourelle, xunto coa delegada territorial da Xunta, Marisol Diaz, quixo comprobar hoxe o remate da 1ª fase das obras de renovación en Seixalbo, entre a zona do tanatorio e O Cumial, cun investimento dun 850.000 euros.

Lembrou que esta obra de reforzo da seguridade viaria e integración da OU-105 na trama urbana é froito do diálogo e colaboración coa anterior corporación municipal, e que ven de rematarse este mes, cumprindo o prazo contractual da obra, fixado en 12 meses.

Salientou que esta intervención, que cualificou de moi ambiciosa e completa, terá continuidade coa segunda fase, na que se mellorará a intersección do tanatorio das Burgas. Este proxecto prevé un investimento duns 500.000 euros e está previsto que saia a información pública no mes de agosto, e dentro do prazo de alegacións serán convocados os veciños para explicarlle en detalle a actuación.

A conselleira concretou que os traballos realizados nesta 1ª fase se centraron na reordenación do tráfico, a mellora da mobilidade, amosando unha especial atención á seguridade dos usuarios vulnerables.

Enumerou as principais actuacións realizadas, como a construción da nova glorieta no acceso principal a Seixalbo e a mellora da intersección coa rúa Igrexa. Tamén se referiu á eliminación do terceiro carril existente para calmar o tráfico, e ao tempo poder dispoñer de espazo para aparcadoiros e de carrís centrais que facilitan os xiros á esquerda. 

A conselleira citou as melloras executadas nos pasos de peóns, con semáforos con pulsador e con iluminación específica, e a instalación das novas marquesiñas para as paradas de autobús.

Referiuse ás actuacións que permitiron completar beirarrúas e habilitar sendas en ambas as marxes no treito final, incidindo así na traza do Camiño de Santiago, e a suma dun carril para a circulación de bicicletas. Tamén se actuou nas canalizacións de augas pluviais e a reposición de servizos urbanos de abastecemento, saneamento e alumeado.

Estas intervencións do departamento que dirixe veñen a sumarse a outras tan importantes como a da Avenida Otero Pedrayo ou a Posta en valor da Ponte Romana. Todas elas incluídas no convenio marco de colaboración en materia de estradas entre a Xunta e o Concello de Ourense.

Parabéns á Xunta que colaborando estreitamente co Concello de Ourense continúa investindo en seguridade viaria co fin de incrementar a calidade de vida dos veciños e facer cidade.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta