Nomeado polo GPP, portavoz da Comisión Mixta do Defensor do Pobo.

Acabo de coñecer que o Grupo Parlamentario Popular tomou a decisión de encargarme a portavocía da Comisión Mixta do Defensor do Pobo. Unha responsabilidade que xa exercín na Lexislatura 2000-2004, e que asumo agora co maior interés.

O Defensor do Pobo é o Alto Comisionado das Cortes Xerais encargado de defender os dereitos fundamentais e as liberdades públicas dos cidadáns mediante a supervisión da actividade das administracións públicas españolas.

O Defensor do Pobo é elixido polo Congreso dos Deputados e o Senado, por unha maioría de tres quintos. O seu mandato dura cinco anos e non recibe ordes nin instrucións de ningunha autoridade. Desempeña as súas funcións con independencia e imparcialidade, con autonomía e segundo o seu criterio. Goza de inviolabilidade e inmunidade no exercicio do seu cargo.

Calquera cidadán pode acudir ao Defensor do Pobo e solicitar a súa intervención, que é gratuíta, para que investigue calquera actuación da Administración pública española ou os seus axentes, presuntamente irregular. Tamén pode intervir de oficio en casos que cheguen ao seu coñecemento aínda que non se presentou queixa sobre eles.

O Defensor do Pobo dá conta da súa xestión ás Cortes Xerais nun informe anual e pode presentar informes monográficos sobre asuntos que considere graves, urxentes ou que requiran especial atención.

Tras a ratificación polo Estado español do Protocolo Facultativo da Convención contra a Tortura e outros Tratos ou Penas Crueis, Inhumanos ou Degradantes, adoptado pola Asemblea das Nacións Unidas en Nova York o 18 de decembro de 2002, as Cortes Xerais atribuíron ao Defensor do Pobo as funcións de Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura ( MNP) en novembro de 2009.

O Defensor do Pobo, na súa condición de  MNP, realiza visitas preventivas a calquera centro de privación de liberdade destinadas a detectar problemas que puidesen favorecer a comisión de prácticas de tortura ou malos tratos. As conclusións destas visitas quedan reflectidas no informe que cada ano presenta ás Cortes Xerais e ao Subcomité para a Prevención da Tortura de Nacións Unidas, con sede en Xenebra.

O Defensor do Pobo está auxiliado por dous Adxuntos, nos que pode delegar as súas funcións.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.