Reclamando información sobre o comezo das obras de rehabilitación do Museo Arqueolóxico de Ourense


O pasado 18 de xuño de 2019 os deputados ourensáns do Partido Popular, Ana Belén Vázquez, e Celso Delgado formulamos ao Goberno a seguinte pregunta:

¿En que data do mes de xullo iniciaranse as obras do Museo Arqueolóxico en Ourense, tal e como anunciou en plena campaña electoral municipal o ministro de Cultura en funcións José  Guirao?

O 5 de xullo obtivemos esta resposta: En relación coa pregunta de referencia infórmase que a licitación das obras de rehabilitación do antigo Palacio Episcopal, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, publicouse no Boletín Oficial do Estado do pasado 8 de febreiro, e a adxudicación provisional realizouse no pasado mes de xuño. Cabe sinalar que transcorrido o trámite de recursos sobre o procedemento de licitación, o contrato poderase formalizar en próximas datas"

Esta pregunta foi realizada por mor das declaracións que o ministro e Cultura fixo en Ourense o 23 de maio nun acto político partidario da campaña das eleccións locais do PSOE, entón as súas palabras foron " as obras do Museo Arqueolóxico comezaranse a executar nun par de meses", e dicir en xullo.

Agora xa desde a súa posición de titular da carteira de cultura, a resposta oficial non se refire ao comezo das obras- que é polo que se lle preguntaba- senón que contesta "que o contrato se poderá formalizar en próximas datas"

Esperemos que se acelere o comezo das obras pois esta rehabilitación do Museo Arqueolóxico é un anhelo de toda a sociedade ourensá despois de dezasete anos pechado.





Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta



Con la tecnología de Blogger.