Demandando unha data de inauguración da Biblioteca Pública e do Arquivo Provincial no complexo cultural de San Francisco


Nesta nova Lexislatura e no marco das actividades de control parlamentaria, o pasado 18 de xuño de 2019 os deputados ourensáns do Partido Popular, Ana Belén Vázquez, e Celso Delgado formulamos ao Goberno a seguinte pregunta:

¿En que data deste outono o Ministerio de Cultura inaugurará a Biblioteca Pública e o Arquivo Provincial no complexo cultural de San Francisco en Ourense?


O 5 de xullo obtivemos esta resposta: En relación coa pregunta de referencia infórmase que as obras da Biblioteca Pública e do Arquivo Provincial no complexo cultural de San Francisco en Ourense, foron recibidas o pasado 13 de xaneiro. As solicitudes de licenza de ocupación e de actividade presentáronse  no Concello nos meses de abril e maio, e a finais deste último mes fíxose entrega asimismo, da finca de acceso e a praza pública entre edificacións.

Para a Biblioteca adquiríronse os equipamentos e mobiliario básicos – que completaranse durante o verán – que permitan á Xunta de Galicia iniciar o traslado de fondos desde a súa actual sede.

Asimesmo, informase que se atopa en marcha o proceso de adquisición dos equipamentos necesarios do Arquivo Provincial, para a súa entrega durante o próximo outono, a efectos de que a Xunta de Galicia poida proceder ao correspondente traslado de fondos.

Unha vez finalizados os traslados de fondos, o Ministerio de Cultura e Deporte e a Xunta de Galicia acordarán a data de inauguración e apertura aos cidadáns”

Temos claro que inescusablemente no outono debe ter lugar a inauguración oficial para que os cidadáns poidan gozar xa deste gran equipamento cultural.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.