Galicia non contou para o candidato Sánchez no seu discurso de investidura



Onte os galegos tivemos ocasión de comprobar o escaso alcance do compromiso de Pedro Sánchez e dos seus socios preferentes coas necesidades de Galicia.

Nos seus case dúas horas de discurso non houbo referencias concretas a Galicia, tan só xenéricas alusións a algúns dos problemas que compartimos no Estado: os incendios  desvastadores, o problema demográfico e o despoboamento, unha leve referencia ao sector agroalimentario e aumentar a presenza da Garda Civil no rural.

Ofreceu impulsar un pacto de Estado en materia de infraestruturas e transporte que garanta o cumprimento dos plans ferroviarios de alta velocidade actualmente en execución, que estude as conexións longamente demoradas, como as conexións de Cantabria ou de Estremadura, Nin unha soa mención ao AVE a Galicia sen aínda concluír

A realidade e que en pouco máis dun ano de Goberno, Pedro Sánchez só viu a Galicia como candidato ás eleccións e nunca como presidente, nin se interesou nunca polos problemas que preocupan a esta Comunidade autónoma. Ao contrario.

Pero, ademais, Pedro Sánchez presentou un proxecto de Presupostos Xerais do Estado que recortaban drásticamente o investimento en infraestruturas en Galicia para primar Cataluña e a Comunidade Valenciana, con incrementos do gasto de ata o 60%.

Despois de anos liderando os investimentos do Estado con gobernos do Partido Popular, Galicia pasaba a ter os peores orzamentos en 20 anos.

A pesar de que eses Presupostos non resultaron aprobados, non hai nada no escoitado onte no debate de investidura que pareza indicar un xiro na postura do Partido Socialista e de Pedro Sánchez con respecto ás necesidades de Galicia.

Con la tecnología de Blogger.