O Parlamento Europeo elixe a David Sassoli como presidente

Despois de que máis da metade dos electores europeos votasen nas eleccións ao Parlamento Europeo do 23 ao 26 de maio,  esta mañá os eurodeputados na segunda rolda de votación  elixiron a David  Sassoli como presidente do Parlamento Europeo, con 345 votos de 667.

Sassoli nado en  Florencia (Italia) en 1956, ocupará a presidencia da Cámara ata xaneiro de 2022.

Eurodeputado desde 2009 e vicepresidente do  PE durante a oitava lexislatura,  Sassoli concorreu ás eleccións de maio nas listas do Partido Democrático( S&D).

Na súa primeira intervención #ante o pleno tras a súa elección, o novo presidente agradeceu aos eurodeputados da novena lexislatura a súa confianza. ”Nestes meses, demasiada xente ha  azuzado divisións e conflitos que nos traen malos recordos da historia. Os cidadáns, pola súa banda, demostraron que seguen crendo neste proxecto, o único capaz de ofrecer respostas aos desafíos globais que afrontamos”, sinalou.

“Debemos ter a determinación de relanzar o proceso de integración, cambiando a Unión para que poida responder con solidez ás demandas e inquietudes cidadás”.  Sassoli citou, entre as prioridades do  PE para os próximos anos, o desemprego xuvenil, a migración, o cambio climático, a revolución dixital e o novo equilibrio mundial.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.