Recabando información sobre as obras na estación intermodal de Ourense, e na de A Gudiña


O 30 de maio os deputados electos do Partido Popular por Ourense, Ana Vázquez Blanco e Celso Delgado Arce  rexistramos as primeiras iniciativas parlamentarias, entre elas estas preguntas ao Goberno nas que interesabámonos pola situación de diversos proxectos relacionados coa estación intermodal de Ourense, e  coa de A Gudiña:

Parking alternativo en obras hoxe
¿Qué data manexa ADIF-AV para que comecen as obras do novo aparcamento integrado na futura estación intermodal de Ourense que terá capacidade para 302 prazas en dúas plantas, situarase no subsolo da Praza da Estación e xunto á nova estación de autobuses?

O Goberno o 11 de xullo responde: “En relación co asunto interesado, sinálase que as obras do aparcamento deron comezo o pasado 24 de maio de 2019”

¿Cal é a data de resposta o estado dos traballos de remodelación de vías e plataformas da estación de Ourense que teñen como obxectivo adaptar a terminal aos novos servizos de alta velocidade da  LAV Madrid-Galicia?

O Goberno o 11 de xullo responde: “En relación co asunto
interesado, sinálase que a obra de remodelación de vías e andenes da estación de Ourense comezou en agosto de 2018 e atópanse actualmente en execución

¿Está  Adif AV seguindo todos os pasos administrativos e técnicos necesarios para desenvolver e executar a nova estación intermodal de Ourense e cumprir co cronograma establecido?

O Goberno o 11 de xullo responde: "En relación co asunto interesado, sinálase que se está executando a primeira actuación coa remodelación da praia de vías e plataformas. Doutra banda, os proxectos das seguintes fases están a desenvolverse segundo o previsto"

Situación o 13.7.19
¿Cal é o estado das obras de construción da estación “Porta de Galicia” no termo municipal da Gudiña, entre os puntos quilométricos 206/230 e 206/630 do tramo Lubián-Ourense, no lado sur da plataforma da  LAV Madrid-Galicia e que foron adxudicadas por ADIF-AV en marzo de 2019?

O Goberno o 11 de xullo responde: "En relación co asunto interesado, sinálase que a obra da nova estación Porta de Galicia comezóu o pasado 25 de abril de 2019 e atópase actualmente en execución”

Con la tecnología de Blogger.