Interesándonos polos proxectos da liña ferroviaria Ourense-Monforte de Lemos-Lugo


O 30 de maio os deputados electos do Partido Popular por Ourense, Ana Vázquez Blanco e Celso Delgado Arce  rexistramos as primeiras iniciativas parlamentarias, entre elas estas preguntas ao Goberno nas que interesabámonos pola situación de diversos proxectos relacionados coa liña ferroviaria Ourense-Monforte de Lemos-Lugo:

¿Qué previsión ten ADIF para concluír a redacción do proxecto de renovación total do tramo ferroviario Ourense-Monforte de Lemos-Lugo, incluíndo a parte das variantes inicialmente previstas de Os  Peares,  Canabal e  Rubián?

O Goberno o 11 de xullo responde: "En relación co asunto interesado, sinálase que os proxectos de adecuación e mellora da vía correspondente ao tramo Ourense-Monforte de Lemos-Lugo atópanse actualmente en redacción, cunha previsión de aprobación destes no verán de 2019. As posibles variantes atópanse en fase de Estudo Informativo.”

¿Qué información pódenos proporcionar Adif sobre os proxectos de supresión dos trinta e seis pasos a nivel non incluidos polos tramos en variante do tramo ferroviario Ourense-Monforte de Lemos-Lugo?

O Goberno o 11 de xullo responde: “En relación co asunto interesado, sinálase que os proxectos actualmente contratados e xa en fase de redacción. Con todo cabe indicar que non se trata únicamente da redacción dos proxectos, previamente hanse de realizar os estudos de alternativas correspondentes, que han de ser aprobados formalmente polos titulares dos camiños ou estradas"

¿Qué información pódenos proporcionar Adif sobre a situación actual da electrificación da liña ferroviaria entre Ourense-Monforte de Lemos-Lugo?

O Goberno o 11 de xullo responde: “En relación co asunto interesado, sinálase que a redacción dos proxectos atópase actualmente finalizada e na fase de supervisión previa a poder ser aprobados"


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta



Con la tecnología de Blogger.