No faladoiro de "Voces de Galicia" en Radio Voz


Participo esta mañá na  tertulita do programa Voces de Galicia de Radio Voz, que moderou Eva Millán e na que interveu tamén Pablo Mosquera.

Falamos en primeiro lugar do atraso na investidura de Pedro Sánchez que debería votarse un martes para que, en caso de repetición de eleccións, celébrense en domingo. E que por iso esperamos que hoxe a presidenta do Congreso  Meritxell  Batet desvele as datas posibles para esa votación que poderían ser o martes 9 de xullo, ou ben os seguintes, 16  ó 23.

Dixen que é a responsabilidade de Sánchez buscar apoios aos seus 123 escanos – que son menos que os que tiña o PP na pasada lexislatura – e que o natural sería sumar os apoios dos 42 da formación de Pablo Iglesias, aínda que este xa di que non votará a favor da investidura na primeira volta. E que neste momento non parece contar coa abstención dos 14 deputados de ERC, que acusan o candidato   de ser “un irresponsable por non querer negociar”.

E terminei dicindo que esta demora na investidura está a prexudicar a xestión dos asuntos relevantes do noso País.

A moderadora propúxonos falar logo da campaña de envío de cartas por parte da Axencia Tributaria  ás comisións de festas, para lembrarlles que deben cumprir coas súas obrigacións fiscais.

Dixen que isto non era unha novidade, xa en 2015 a AEAT xa mandaba este tipo de cartas cun afán recordatorio incidindo no papel do empresario. Se unha comisión ou un concello contrata a un intermediario para organizar o espectáculo musical das festas, este debe expedir e entregar factura á comisión polo servizo prestado, repercutindo así sobre o empresario a cota de IVE. E no caso de que sexa a propia comisión a que xestione os espectáculos musicais, son estas as que deben xustificar o cumprimento das súas obrigacións materiais e formais como tal.

Opinei que era razoable velar polo correcto cumprimento tributario neste sector das festas e verbenas, pois durante moito tempo estivo bastante á marxe da legalidade tributaria. Aínda que agora, o certo é que xa a maioría do sector está dentro do cumprimento legal.

E para finalizar a moderadora quixo que falásemos dos problemas de abastecemento de augas que teñen os concellos por motivo da seca.

Dixen que todos debemos tomar conciencia sobre o uso e a xestión responsables da auga para que sexa accesible a toda a poboación.

Lembrei que o cambio climático pon ante nós retos, como o maior risco de seca e de inundacións, que fan máis necesario que nunca contar coas infraestruturas axeitadas e con conciencia social.

Encoro de Cachamuiña- 9.10.2017
Neste sentido falei de que hai poucos días, o 24 de xuño, A Xunta de Galicia lanzou a primeira liña de apoio técnico e económico aos concellos para que elaboren plans de emerxencia fronte á seca que permitan garantir o abastecemento de auga á poboación. Unha medida que quere fomentar a prevención e a anticipación, tendo en conta que ningún municipio galego conta cun plan deste tipo e que o episodio de seca de 2017 evidenciou a vulnerabilidade dos sistemas de abastecemento.
Un plan de emerxencia que permitirá que os concellos realicen unha primeira auditoría sobre o estado das redes de abastecemento para identificar as súas debilidades, localizar posibles fugas de auga - os estudos e análises que indican que existen perdas en rede de ata o 40%- e determinar a súa situación ante episodios de seca.
Dixen que a lexislación estatal establece a obriga dos concellos de máis de 20.000 habitantes de contar con plans de emerxencia fronte á seca.
E que aínda que a responsabilidade principal é dos Concellos, é necesario que  as distintas Administracións xunten esforzos e colaboren, cada unha no eido das súas competencias e responsabilidades: confederacións hidrográficas, Augas de Galicia, e, especialmente, ás deputacións provinciais como corresponsables dos servizos nos concellos de menos de 20.000 habitantes.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.