lunes, 1 de julio de 2019

Adxudicado o estudo e seguimento hidroxeolóxico dos túneles do tramo ferroviario de alta velocidade entre Ourense e Vigo (por Cerdedo)


Informa hoxe na web,  Adif Alta Velocidade que “adxudicou o estudo e seguimento  hidroxeolóxico dos túneles do tramo ferroviario de alta velocidade entre Ourense e Vigo (por Cerdedo).

O contrato foi adxudicado por 1.305.196,28 euros (IVE incluído) á UTE formado polas empresas  EPTISA e Sondaxes  Peñarroya. Conta cun prazo de execución de 36 meses.

O estudo e seguimento  hidroxeolóxico dos túneles é necesario para completar os traballos de estudo e proxecto do tramo.

A duración estimada para un estudo  hidroxeolóxico destas características é de 36 meses. A  exhaustividade do estudo inclúe diferentes fases: avaliación, investigación, traballos de campo, planificación, cartografía xeolóxica, sondaxes, ensaios de laboratorio, redes de control e o seguimento  hidroxeolóxico durante polo menos un ciclo hidrolóxico.

Os obxectivos principais do estudo son caracterizar o medio  hidroxeolóxico da contorna dos túneles e a súa interacción coa obra prevista, identificar e valorar as posibles afeccións  hidroxeolóxicas, expor e en caso necesario valorar medidas correctoras e paliativas, e planificar o seguimento e control da interacción entre as obras e o medio  hidroxeolóxico, antes e durante as obras e durante a etapa inicial de servizo.”

Así mesmo informa  que:” O novo tramo de alta velocidade entre Ourense e Vigo conectará, a través de Cerdedo, o Eixo Atlántico de Alta Velocidade coa  LAV Madrid-Galicia (tramo Ourense-Santiago), cunha lonxitude de 53,7 km cruzando  transversalmente a provincia de Pontevedra.

Este novo tramo posibilita a conexión máis directa entre Ourense e Pontevedra / Vigo. A complicada orografía da zona e a premisa de conseguir parámetros propios da alta velocidade obrigan a que máis do 75% da súa lonxitude discorra en túnel e aproximadamente o 10% da súa lonxitude en viaduto.

A realización do estudo  hidroxeolóxico permitirá avanzar nos traballos para obter a Declaración de Impacto Ambiental e completar o Estudo Informativo que definirá o trazado finalmente seleccionado.”

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta