jueves, 25 de julio de 2019

EPA II T DE 2019: A taxa de paro de Ourense sitúase nun 10,92 %, a de Galicia nun 11,3 % e a de España no 14,02 %

Difunde hoxe o INE a Enquisa de Poboación Activa (EPA)correspondente ao segundo trimestre de 2019.

Segundo estes datos en España o número de ocupados aumenta en 333.800 persoas no segundo trimestre de 2019 respecto ao trimestre anterior (un 1,71%) e sitúase en 19.804.900. En termos  desestacionalizados a variación trimestral é do 0,31%.

O emprego creceu en 460.800 persoas (un 2,38%) nos 12 últimos meses.  A ocupación aumenta este trimestre en 352.900 persoas no sector privado e descende en 19.100 no público. Nos 12 últimos meses o emprego incrementouse en 384.200 persoas no sector privado e en 76.700 no público.  

Os asalariados aumentan este trimestre en 330.500. Os que teñen contrato indefinido increméntanse en 164.500 e os de contrato temporal en 166.100. En variación anual, o número de asalariados crece en 431.000 (o emprego indefinido aumenta en 388.200 persoas e o temporal en 42.800). O número de traballadores por conta propia sobe en 2.100 este trimestre e en 29.000 nos 12 últimos meses.

A ocupación aumenta este trimestre en Servizos (313.200 máis) e en Industria (56.000). Pola contra, baixa en Agricultura (30.400 menos) e en Construción (–5.000). No último ano hai 371.200 ocupados máis en Servizos, 61.100 en Construción e 41.700 en Industria. En Agricultura a ocupación descende en 13.200 nos últimos 12 meses.

 Os maiores incrementos de emprego este trimestre danse en  Illes  Balears (62.600 máis), Comunidad de Madrid (61.100) e Cataluña (40.200). No último ano a ocupación aumenta en case todas as comunidades. Comunidad de Madrid (105.700 máis), Andalucía (103.400) e Cataluña (70.700) presentan as maiores subidas.

O número de parados descende este trimestre en 123.600 persoas (–3,68%) e sitúase en 3.230.600. En termos  desestacionalizados a variación trimestral é do 0,53%. Nos 12 últimos meses o paro diminuíu en 259.500 persoas (–7,43%).  A taxa de paro sitúase no 14,02%, o que supón 67 centésimas menos que no trimestre anterior. No último ano esta taxa descendeu en 1,26 puntos.

Por comunidades, as maiores baixadas trimestrais do paro danse en Comunidad de Madrid (–37.300),  Illes  Balears (–26.300) e Cataluña (–15.300) e os maiores incrementos, en  Comunitat Valenciana (10.700 parados máis), Castela-A Mancha (6.300) e Andalucía (6.000). En termos anuais, as maiores reducións do número de parados danse en Andalucía (74.800 menos), Comunidad de Madrid (–45.800) e Galicia (–34.700). 

O número de activos aumenta este trimestre en 210.200, ata 23.035.500. A taxa de actividade sobe 39 centésimas e sitúase no 58,74%. No último ano a poboación activa incrementouse en 201.400 persoas.

 GALICIA

A ocupación aumenta en 18.600 persoas no segundo trimestre de 2019 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.098.800 persoas ocupadas. A taxa de ocupación aumenta 0,8 puntos neste trimestre, ata o 47,1%.

Nos últimos doce meses o número de ocupados e de ocupadas aumentou en 23.000 persoas, o que supón unha suba do 2,1% en termos relativos.

Por sexo, neste trimestre aumentou tanto a ocupación masculina como a feminina: o número de ocupados varóns diminuiu en 13.800 persoas respecto ao primeiro trimestre do ano 2019 e a ocupación das mulleres aumentou en 4.800 persoas. En termos de taxas, isto tradúcese nunha subida da taxa de ocupación masculina de 1,2 puntos e de 0,4 puntos no caso da feminina.

Con respecto ao segundo trimestre do ano 2019, o número de homes ocupados aumenta en 14.800 persoas (un 2,6%), mentres que o de mulleres ocupadas aumenta nun 1,6%.

Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE 2009), o número de persoas ocupadas neste trimestre aumenta en todos os sectores. Na industria a ocupación aumenta en 5.800 persoas con respecto ao primeiro trimestre de 2019; o sector primario rexistra un aumento de 3.500 persoas na cifra de ocupación, a construción de 2.000 persoas e os servizos de 7.100 traballadores e traballadoras máis.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2018, a ocupación diminúe na construción un 2,5%; pola contra, na industria a ocupación aumenta un 4,7%, na agricultura e pesca un 4,5% e nos servizos un 1,8%.

No segundo trimestre de 2019 en Galicia había 140.400 persoas en paro, 13.500 menos que no trimestre anterior. A taxa de paro diminúe 1,2 puntos e sitúase no 11,3%.

Con respecto ao segundo trimestre do ano 2018, o número de parados diminúe en 34.600 persoas (un -19,8%) e a taxa de paro 2,7 puntos.

Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, diminúe tanto o paro masculino como o feminino: o número total de homes parados sitúase en 68.900 persoas (8.600 menos que hai tres meses) e o de mulleres é de 71.400 persoas (5.100 mulleres menos en paro). A taxa de paro masculina diminúe en 1,4 puntos porcentuais e a feminina en 0,8 puntos, situándose a primeira no 10,7% e a segunda no 12,0%.

No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo masculino descende en 13.400 persoas (un 16,3% menos), e o volume de paradas en 21.400 persoas (un 23,1% menos que hai un ano).

No segundo trimestre de 2019, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro diminúe en 2.800 unidades e sitúase en 52.200 fogares. Respecto ao segundo trimestre de 2018, esta tipoloxía de fogares redúcese un 13,9%.

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados aumenta en 15.500 unidades. O número de fogares nesta situación é de 617.100. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 26.600 fogares máis nesta situación, o que supón unha suba do 4,5% en termos relativos.

OURENSE


Os datos do INE acreditan que Ourense conta no segundo trimestre de 2019 con 114.100 ocupados (4.000 máis que no trimestre anterior). Deles 60.400 son homes e 53.700 mulleres

Con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior os ocupados aumentan en 600 persoas.

Son 14.000 os parados (5.200 menos que no trimestre anterior). Deles 7.500 son homes e 6.500 mulleres.


Con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior os parados baixan en 3.500 persoas.



taxa de paro sitúase nun 10,92 %, 3,95 puntos menos que hai un ano.


Con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior a taxa de paro baixa en 2,44 puntos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta