Da actualidade política galega
de hoxe saliento que a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda,
Ángeles Vázquez, solicitou esta mañá aos concellos galegos a súa colaboración
para que o orzamento reservado ás políticas de vivenda, máis de 50 millóns de
euros en 2019, cheguen a todos os galegos.
Informa a web da Xunta que “explicou que
o Goberno galego fai un esforzo inversor, que se traduce en 52,96 millóns de
euros, dos cales 26,41 se destinan a medidas e programas orientadas á
rehabilitación; mentres que a parte restante (26,55 millóns de euros) se
reservan para iniciativas que teñen como obxectivo garantir o acceso á vivenda,
onde destacou as axudas dirixidas aos máis mozos e ás mulleres vítimas da
violencia de xénero ou de explotación sexual.
Sinalou que aínda está aberto o prazo
para a solicitar unha axuda ao abeiro da primeira orde para a adquisición de
vivendas en centros históricos dirixida especificamente ao colectivo de menores
de 35 anos, e que está dotada de 800.000 euros; un grupo social que tamén se
pode beneficiar das axudas para a adquisición de vivendas en concellos de menos
de 5.000 habitantes ou das axudas ao alugueiro, aos que se lles abona un 50% da
renda durante un período máximo de tres anos. Indicou que a previsión do IGVS é
convocar esta liña de incentivos (axudas ao alugueiro) antes de que remate o verán.
Ángeles Vázquez salientou a importancia
de estar ao carón das persoas que sofren situacións de especial risco; polo que
trasladou a necesidade de que os servizos sociais municipais coñezan os
programas específicos para apoiar a estas persoas a iniciar un novo futuro.
Lembrou que este ano por primeira vez se convocou unha liña de axudas
específica para as mulleres vítimas da violencia de xénero, aos seus fillos, e
a vítimas de explotación sexual, dotada con 1,6 millóns de euros. Deste xeito,
cada solicitante contará con ata 225 euros ao mes para acceder á vivenda, así
como a unha única axuda de 600 euros para facer fronte a gastos de contrato.
Tres programas específicos para os
concellos
A conselleira de Medio Ambiente indicou
que tamén se deseñaron tres programas dirixidos específicamente aos concellos,
“que en moitas ocasións teñen proxectos e iniciativas que se quedan en ideas
por falta orzamento.
Salientou que os tres programas de subvencións implican poñer a disposición das administracións locais preto de 8,5 millóns de euros, para que poidan levar a cabo actuacións de rehabilitación que lles permita facilitar o acceso a unha vivenda aos seus veciños.
Salientou que os tres programas de subvencións implican poñer a disposición das administracións locais preto de 8,5 millóns de euros, para que poidan levar a cabo actuacións de rehabilitación que lles permita facilitar o acceso a unha vivenda aos seus veciños.
Explicou que a este programa concreto se
destinarán 6,4 millóns de euros para apoiar a través de préstamos sen xuros as
actuacións, así como facilitar aos concellos a realización de actuacións
subsidiarias naqueles casos nos que os propietarios das vivendas se desatendan
das súas obrigas. Invitou aos concellos galegos a seguir o exemplo de varios
concellos da provincia (Boiro e Ribeira), que xa se acolleron á este programa
nas convocatorias anteriores.
Galicia conta coa primeira normativa en
materia de rehabilitación
A conselleira de Medio Ambiente destacou
que a Comunidade galega é pioneira en materia de rehabilitación, xa que é a
primeira rexión en dispoñer dunha normativa específica en materia de
rehabilitación. Indicou que se trata dun exemplo máis da aposta do Goberno
galego pola recuperación do patrimonio xa construído.
A Lei de Rehabilitación de Galicia, que
entrou en vigor en maio, ten como principio básico que “non hai maior
desprotección que o seu abandono”, polo que é imprescindible habilitar un
escenario propicio para a rehabilitación edificatoria e a rexeneración urbana,
que contribuirá a dar vida aos cascos históricos e aos concellos galegos.”
Recibirá resposta