Feijóo anuncia axudas de máis de 1 millón de euros para renovar 2.000 vehículos con 10 anos de antigüidade por modelos máis eficientes, menos contaminantes e máis respectuosos
Deste xeito, concretou un novo avance na senda da mobilidade sostible que se ten marcado o Goberno galego, xa que este novo programa de axudas á mobilidade eficiente favorecerá a renovación do parque de vehículos de particulares, autónomos e empresas.
A previsión é que nos vindeiros meses, estas axudas mobilicen 40 millóns de euros e cren ademais máis de 300 postos de traballo directos.
Recibirá resposta