Vendo o estado das obras do tramo San Martiño-A Barrela da Autovía A-56 Ourense-Lugo (Guntín)



A Autovía A-56 unirá Ourense con Guntín (Lugo) e desde aquí terá continuidade ata Lugo a través da A-54 (Autovía Santiago-Lugo).

Esta autovía constará de oito tramos, 3 deles en Ourense e 5 en Lugo.

Pero na actualidade tan só un está en obras: o tramo lucense entre San Martiño-A Barrela, de 9,8 km.

Foi dividido en tres proxectos e obras independentes:

-     O Tronco da autovía A Barrela- Sanmartiño:
-     A Ligazón da Barrela
-     A restauración paisaxística do tramo

O BOE do 23 de febreiro de 2008 publicou a licitación do contrato do citado tramo  que entón tiña unha lonxitude de 8,8 km e un orzamento de 46,76  M€. Foron adxudicadas polo Ministerio de Fomento  o 12 de agosto de 2008 a “Vías e Construcciónes S.A.” por importe de 32,2  M€

O 22 de xullo de 2010 o entón ministro José Blanco anunciou a rescisión dos contratos de San  Martño-Barrela Norte e o da Ligazón.

Finalmente, no ano 2014 conséguese evitar a rescisión dos contratos e as obras retomáronse en xullo de 2015 sendo ministra Ana Pastor. 

A data de outubro de 2017 estaban executadas ao 41 %, e avanzaban pero con lentitude.

En data 28 de maio de 2018 celebrouse no Ministerio de Fomento unha reunión co Secretario Xeral de Infraestruturas Manuel Niño para falar do impulso da Autovía A-56 Ourense-Lugo.

Asistiron varios dos integrantes do grupo comisionado, o alcalde de Vilamarín, Amador Vázquez; o empresario Lisardo González, o presidente da CEO, José Manuel Pérez Canal, acompañado do alcalde de Chantada Manuel Rodríguez.

Tamén asistimos pola parte política parlamentaria, o senador José Manuel Barreiro e os deputados Joaquín García e Celso Delgado.

Os comisionados trasladaron ao Ministerio as suas inquedanzas e queixas sobre a lentitude desta Autovía e demandaron respostas sobre as actuacións futuras. Argumentaron a necesidade de vertebración da Galicia interior, para así afrontar os problemas de despoboamento e baixa actividade económica.

Manuel Niño, que estaba acompañado polo Director Xeral de Estradas e polo Xefe da Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia, Ángel González del Río, reiteró que esta Autovía sería executada e que estaba na planificación do Ministerio de Fomento. Dixo que as obras entre A Barrela e Sanmartiño estarían previsiblemente rematadas a mediados de 2019 e que no proxecto de PGE-18 hai unha consignación de  10,8 M€ para continuar coas obras neste tramo.

O 27 de setembro de 2018 – tras o cambio de Goberno pola moción de censura -  celebramos unha sesión da Comisión de Fomento na que formulei unha pregunta ao Secretario Xeral de Infraestruturas do Ministerio, José Javier Izquierdo  Roncero  sobre a situación deste tramo, San  Martíño-Barrela,  e dixen: “que, segundo informounos o pasado mes de xullo nunha reunión do ministerio, ten o prazo de finalización das obras para mediados de 2019. Díxosenos que as obras, que estaban entón ao 50 %, ían activar. Persoalmente estiven na traza á que vou cada tres meses e non vin persoas traballando. Onte mesmo pedín aos alcaldes da zona que se desprazasen e confirmásenme se o que ía dicir hoxe era certo ou non. Dinme que esas obras seguen paradas e iso carece de explicación cando hai 10,76 millóns de euros no orzamento para a súa execución e cando é unha infraestrutura tan demandada.” 

A resposta do alto cargo de Fomento  fuer a seguinte: “Por último, en relación con San Martiño-A Barrela, que é o tramo que vostede me citaba que estaba a obra parada, está a tramitarse un modificado e esa é a razón pola que nestes momentos a obra estea parada.”

Recibimos entón e por primeira vez a noticia da existencia dun modificado, que se xustificaba entre outros motivos por adaptacións á normativa vixente, cuestións relacionadas co viaduto do  Bubal e a incorporación do  semienlace da Barrela.

O 22 de outubro de 2018, os comisionados do grupo da A-56 entrevistáronse novamente en Madrid con responsables do Ministerio de Fomento (José Javier Izquierdo  Roncero, Secretario Xeral de Infraestruturas e Ángel González del Río, Xefe da Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia) que lles informaron que a esa data o grao de execución era do 51 % e que non se cumpriría o prazo de xuño de 2019 e que habería que pensar máis ben en finais dese ano.

Pois ben, sete meses e medio despois da anterior data viaxei hoxe desde Ourense, ata o  concello de Carballedo  e visitei as obras deste tramo en dous puntos:

Primeiro na localidade da Barrela, onde puiden ver un avance das obras coa construción dun paso elevado sobre a autovía e a traza xa en parte cunha primeira capa  bituminosa.

E logo no punto onde se constrúe o viaduto que salva o río  Bubal, vin  como xa estaban construídas oito pilas e executábase a construción doutras dúas.

Estas fotografías ilustran o que vin e seguro que os técnicos na materia saberán describir moito mellor o que eu, un profano na materia, acaba de facer.

Agora espero as respostas que como deputados desta XII Lexislatura formulamos Ana Vazquez e eu o 28 de maio de 2019 ao Goberno:

¿Cal é o grao de execución das obras do tramo  Sanmartiño- A Barrela da Autovía A-56? e “que, data do ano 2019 manexa o Ministerio de fomento para  por en servizo o tramo de 9,8  Km de lonxitude da Autovía A-56 entre  Sanmartiño- A Barrela?

Das mesmas, darei conta neste Blog.




Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.