A poboación residente en España aumentou en 276.186 persoas durante o ano 2018 e situouse en 46.934.632 habitantes ao 1 de xaneiro de 2019


O pasado martes, o Instituto Nacional de Estadística (INE) publicaba os datos de las Cifras de Poboación ao 1 de xaneiro de 2019. Estatística de Migracións ( EM). Ano 2018
ESPAÑA
A poboación residente en España aumentou en 276.186 persoas durante o ano 2018 e situouse en 46.934.632 habitantes ao 1 de xaneiro de 2019. Con este crecemento, o máis elevado desde 2008 (cando a poboación aumentou en 570.333 persoas) supérase o valor histórico máis alto, alcanzado en 2012.
En termos relativos, a taxa de crecemento anual da poboación duplicouse, pasando do 0,28% en 2017 ao 0,59% durante 2018.
O aumento poboacional do ano 2018 foi froito dun saldo vexetativo negativo de 56.262 persoas (367.374 nacementos, fronte a 423.636 defuncións), compensado por un saldo migratorio positivo de 333.672 persoas (houbo 643.037 inmigracións procedentes do estranxeiro e 309.365 emigracións con destino ao estranxeiro).
O número de estranxeiros aumentou en 285.554 persoas durante 2018, ata un total de 4.848.516 ao 1 de xaneiro de 2019. Este incremento respondeu, en gran medida, a un saldo migratorio positivo de 330.197 persoas. Pola contra, a poboación de nacionalidade española reduciuse en 9.368 persoas. Esta evolución foi resultado dun saldo vexetativo negativo (de 102.682 persoas), que non se viu compensado nin polo saldo migratorio positivo (3.475 persoas) nin polas adquisicións de nacionalidade española (que afectaron a 90.828 persoas, segundo datos provisionais). Se nos restrinximos aos españois nados en España, a poboación reduciuse en 98.595 persoas ao longo do ano 2018.

Entre as principais nacionalidades, os maiores incrementos déronse na poboación venezolana (42.803 persoas máis), colombiana (39.977 máis), marroquí (32.217) e hondureña (20.763). E os maiores descensos na de Ecuador (–4.173), Romanía (–2.359) e Bulgaria (–1.387).
En termos relativos, os maiores crecementos de poboación durante o ano 2018 déronse entre os residentes de Venezuela (47,0%), Honduras (32,4%) e Colombia (25,1%).

 E os maiores descensos entre os nacionais de Ecuador (–3,0%), Bulgaria (–1,1%) e Romanía (–0,4%).

Poboación por comunidades autónomas
Durante o ano 2018 a poboación creceu en 13 comunidades autónomas e reduciuse nas catro restantes. Os maiores incrementos en termos relativos déronse en  Illes  Balears (1,79%), Comunidad de Madrid (1,39%) e Canarias (1,39%). No outro extremo, os descensos de poboación máis acusados déronse en Principado de Asturias (–0,52%), Estremadura (–0,47%) e Castela e León (–0,43%). En Galicia foi dun -0,10 %.
GALICIA:

A poboación residente en Galicia descendeu en 15.854 persoas durante o ano 2018 e situouse en 2.700.330 habitantes ao 1 de xaneiro de 2019.
No caso das persoas procedentes doutros países, a comunidade autónoma recibiu 12.884 habitantes máis dos que saíron, o que supón un incremento que case dobra (un 98,82% máis) a cifra de 2017, cando entraron en territorio galego 6.882 persoas máis das que saíron. Deles, 2.885 teñen nacionalidade española, o que se traduce nun aumento do 47% en relación aos 12 meses anteriores, cando o saldo positivo deixaba 1.954 españois novos en Galicia (unha vez restados os que saíron).
Tamén o balance da poboación que chegou a Galicia desde outras partes de España respecto á que saíu experimentou un crecemento máis ca notable, cun 220,57% de incremento, deixando unhas cifras positivas en 252 habitantes. Foron os españois residentes noutras comunidades autónomas os que máis aportaron a este crecemento, cun incremento do 264,81% respecto a 2017 e un saldo en termos absolutos de 178 persoas máis.

En ámbolos dous casos, tanto no saldo co estranxeiro coma co nacional, a provincia de Pontevedra é a que experimenta unha maior suba poboacional, que chega ao 1.464% no caso da diferencia entre as persoas chegadas desde o estranxeiro e as que saíron, e que incrementaron en 3.309 o número de habitantes pontevedreses. A variación interanual do saldo migratorio co resto de España, pola súa banda, é do 475%, o que se traduce en 230 persoas máis.
Máis poboación nova
Os menores de 30 anos constitúen, ademais, máis da metade do total de novos habitantes que gañou Galicia por mor dos movementos migratorios. A comunidade gañou un total de 7.014 nenos e mozos máis que hai un ano procedentes tanto do estranxeiro como do resto de España, sendo as franxas de idade de entre 20 a 24 anos, 25 a 29 anos, 15 a 19 anos, e 0 a 4 anos os máis numerosos, por esta orde. Unicamente 1.240 persoas, entre españois e estranxeiros, teñen 65 anos ou máis.
A nacionalidade que máis presenza ten nos datos de 2018 é a venezolana, coa chegada de 3.366 persoas máis das que saíron, seguida da española, con 2.885, e a brasileira, con 988. De feito, 2018 foi o ano con maior saldo migratorio positivo de españois desde 2009, así como de arxentinos e brasileiros, entre outras nacionalidades.
Tras Pontevedra, é Ourense a provincia que máis medra en termos de saldo migratorio co exterior (co 61,72%), seguida da Coruña (co 40,34) e Lugo (38,65%). Co respecto ao balance co resto de España, Lugo ocupa o segundo lugar (cun crecemento do 313,11%), seguida da Coruña (co 50,94%) e Ourense (48,48%).
Menos emigrantes no exterior e máis retorno


Venezuela e Ourense, unidas en actos interculturais
Estas cifras compleméntanse coas relacionadas coa emigración galega no resto do mundo, que arroxan un panorama que rebaixa cada ano a porcentaxe de galegos que residen no exterior que foron nados en Galicia e emigraron máis tarde por diferentes razóns. A cantidade de emigrantes que aínda residen no estranxeiro pasou, deste xeito, nun ano de supor o 29,7% do total de galegos que viven fóra das nosas fronteiras a constituír o 29% (é dicir, 15.579 galegos), porcentaxe que vén diminuíndo incesantemente desde 2011, segundo reflicten as estatísticas oficiais publicadas o pasado mes de marzo.

O retorno de emigrantes trouxo de volta a Galicia a 6.202 galegos en 2017, cuxos principais países de procedencia son Venezuela, Suíza, O Reino Unido e os Estados Unidos, segundo se desprende das últimas cifras oficiais feitas públicas polo INE.
 

Con la tecnología de Blogger.