Licitado un contrato e conservación e explotación das estradas de Ourense do sector OR-01


Publica hoxe o BOE o anuncio de licitación da Dirección Xeral de Estradas, que ten por obxecto a execución de diversas operacións de conservación e explotación das estradas do sector  OR-01, na provincia de Ourense.

Ten un valor estimado de 13.562.640,07 euros.  A duración do contrato é de 3 anos.

Inclue as seguntes estradas:
  • N-120 DE LOGROÑO A VIGO, P.K. 439,900 A 472,800 Y 548,800 A 610,000
  • N-536 P.K. 33,800 A 51,960 Y 59,000 A 59,200
  • N-542 P.K. 0,000 A 0,800
  • N-525 DE ZAMORA A SANTIAGO P.K. 233,080 A 271,700
  • N-540 DE LUGO A OURENSE, P.K. 68,800 A 78,500
  • N-541 DE OURENSE A PONTEVEDRA, P.K. 12,700 A 51,100
  • N-544 ENLACE N-120 A N-525, P.K. 0,000 A 1,200
  • N-120a L.P. LUGO A OURENSE, P.K. 84,800 A 85,660 Y  86,680 A 104,700
  • N-120 DE LOGROÑO A VIGO, P.K. 439,900 A 472,800 Y 548,800 A 610,00
Características Técnicas

Os contratos de servizos para a execución de operacións de conservación e explotación na Rede de Estradas do Estado teñen o obxectivo de realizar os traballos de servizos de comunicacións, servizos de vixilancia, atención a accidentes, mantemento dos elementos da estrada, mantemento sistemático das instalacións de subministración de enerxía eléctrica, iluminación, sinalización variable e  semaforización.

Ademais, inclúense os labores de establecemento de inventarios e recoñecementos de estado, axenda de información de estado e funcionamento da estrada, programación, coordinación, seguimento e información da execución dos traballos, actuacións de apoio á explotación, estudos de accidentalidade e informes de seguridade viaria.

Así mesmo, realizaranse os traballos de roza,  fresados e reposición do firme, limpeza de cunetas, e en xeral, todos os labores de conservación ordinaria das vías ao seu cargo.



Con la tecnología de Blogger.