Importante baixada en maio do paro rexistrado, que en Ourense chega ao - 4,80 % e en nivel interanual ao – 8,58 %


O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de maio de 2019.



Son os seguintes:


Ourense:

Baixa o paro rexistrado en maio en relación co mes anterior en 912 persoas, un - 4,80 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a maio do ano pasado, 1.699 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 8,58 %. 


O número de parados queda en 18.106, deles 7.748 son homes e 10.358 mulleres, 17.095 son maiores de 25 anos e 1.011 menores.


Por sectores, 958 son da agricultura, 2.177 da industria, 1.496 da construción, 11.627 nos servizos e 1.848 do colectivo sen emprego anterior.



Galicia:



O paro rexistrado de Galicia baixa en maio en 5.421  persoas con respecto a abril (un – 3,26 %).


E o segundo maior descenso desde 2007. O ritmo de caída é maior en Galicia que en España, baixa máis de medio punto que no Estado. 

O número de parados queda en 160.805, deles 67.233 son homes e 93.572 mulleres, 153.106 son maiores de 25 anos e 7.699 menores.


Por sectores, 5.880 son da agricultura, 18.138 da industria, 13.113 da construción, 109.470 nos servizos e 14.204 do colectivo sen emprego anterior.



A nivel interanual, isto é, con respecto a maio do ano pasado, 15.891 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 8,99 %. 

Galicia é a segunda comunidade na que máis baixa o paro e melloramos o comportamento do Estado ao caer o paro en Galicia en 3,68 puntos máis.

O desemprego baixa nos colectivos prioritarios  de menores de 30 anos: -9,03% (-2.036), de parados de longa duración: -15,26% (-12.785) e de mulleres: -7,92% (-8.045 persoas).

 
O paro baixa tamén nas 4 provincias galegas e nas 7 grandes ciudades, en todos os sectores de actividade,  liderando o descenso a construción (-18,08%), seguido da industria (-8,34%), da agricultura e a pesca (-8,30%), e dos servizos (-7,90%).


España:


O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego ( SEPE) baixou en  mayoen 84.075 persoas en relación co mes anterior (-2,66 %). En termos  desestacionalizados o paro descendeu en 20.073 persoas.

Respecto a maio de 2018 o paro reduciuse 172.639 persoas, o que sitúa o seu nivel de redución interanual no 5,31%.

Así, a cifra total de parados rexistrados é de 3.079.491, o nivel máis baixo nun mes de maio dos últimos 10 anos.

O desemprego masculino sitúase en 1.250.812 persoas, ao baixar en 47.896, e o feminino en 1.828.679, ao reducirse en 36.179 persoas respecto ao mes de abril. Se o comparamos con maio de 2018, o desemprego masculino baixa en 96.328 persoas e o feminino descende en 76.311.

Pola súa banda, o desemprego dos mozos menores de 25 anos redúcese en maio en 11.287 persoas respecto ao mes anterior, mentres o paro de 25 e máis anos baixa en 72.788.

O paro rexistrado baixou en todas as comunidades autónomas, entre as que destacan: Andalucía (-17.981), Cataluña (-10.507), e a Comunidade Valenciana (-8.744).

Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado reduciuse en todos eles: Agricultura e pesca, en 7.864, Industria en 8.085, Construción en 9.040, Servizos en 54.762, e o colectivo de persoas sen emprego anterior en 4.324.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.