No Comité de Dirección do PP de Galicia

Asisto esta tarde á reunión do  comité de dirección do PPdeG, presidida por Alberto Núñez Feijóo, onde foron analizados os resultados das eleccións xerais do pasado 28 de abril e  abordamos todos os asuntos relacionados coa campaña das eleccións municipais e europeos do próximo 26 de maio.



O secretario xeral Miguel Tellado declarou: “É evidente que os resultados do pasado domingo foron moi negativos e non nos escudamos en termos sido a Comunidade que maior porcentaxe de voto ao PP tivo en toda España porque a este partido só lle vale saír a gañar, entendemos que só desde a vitoria se poden construír proxectos que lle dean estabilidade ás institucións e melloren a vida dos nosos veciños”, recoñeceu ao tempo que precisaba que “ser demócrata vai de saber gañar e de saber perder, de aceptar a confianza maioritaria do teu pobo cando a tes, honrala e traballar por mantela, pero tamén de saber encaixar a derrota, asumila e analizala para darlle a volta”.


Por todo iso, o secretario xeral salientou que deben convencer aos galegos de que son “o único partido verdadeiramente útil para que non goberne a esquerda, o nacionalismo e o populismo nos nosos concellos, xa que votar a outras formacións que din querer ser coma o PP é a mellor maneira de gañe o PSOE, as Mareas de Podemos ou o BNG”.

De igual xeito, remarcou que Pedro Sánchez ten sido unha ameaza para o emprego, para a industria e para a economía de Galicia, algo que os populares denunciaron con gran intensidade, e avanzou que seguirán velando polos intereses dos galegos e permanecerán vixiantes “ante cada noticia que percibamos como negativa para eles, como levamos feito durante todos estes anos”.



Con la tecnología de Blogger.