Locais 2019: Na presentación por Jesús Vázquez do programa electoral do PP para as eleccións municipais


Asisto esta mañá na rúa do Paseo ao acto no que o candidato á reelección á Alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez, presentou o programa electoral do PP para as eleccións municipais.

Un proxecto  que ten nas persoas, na aposta polo emprendemento e as infraestruturas os seus tres principais eixes de actuación. Vázquez Abad explicou que “son  48 propostas  para un Ourense do século XXI, con dez medidas estrela, pero tamén importantes proxectos e sorpresas en materia de infraestruturas”,.

“Hoxe presentamos o mellor dos programas. Porque é o que da respostas reais. Con proxectos con sentidiño para facer realidade ese Ourense do século XXI que os ourensáns e as ourensáns precisan. Para que a cidade medre sen que teñamos as mans atadas, coma nestes últimos catro anos, no que aínda así conseguimos máis de 300 millóns de euros en investimentos”, sinalou o alcalde e candidato á reelección polo PP.
Vázquez Abad enumerou as grandes liñas do seu programa, que “estará centrado nas persoas e en darlle respostas ás súas necesidades cotiás. Pero que tamén aposta por propostas para estimular a economía local, como á redución ao máximo da presión fiscal sobre particulares e empresas, para estimular o consumo e a creación de emprego.

Un proxecto que suporá un salto definitivo na aposta polo termalismo, con novas dotacións no corazón da cidade e a transformación das marxes do río Miño nunha zona termal, deportiva, cultural e de lecer de referencia en España.
E sobre todo, un programa que aposta por aprobar o PXOM antes de fin de 2019, no caso de contar co respaldo da maioría. Porque o PXOM suporá unha inversión de 1.300 millóns de euros, ademais de permitir a posta en marcha de ambiciosos proxectos en materia de infraestruturas no corazón da cidade, nos barrios e no rural.
Asuntos Sociais.

O alcalde e candidato á reelección abogou por un mandato de marcado carácter social, con propostas para as familias, maiores, mulleres, inmigrantes e persoas con dependencia.
Crearemos unha Concellería para as persoas con discapacidade, para que teñan respostas efectivas ás súas necesidades e ofrecerlle respaldo as súas familias”, dixo Vázquez Abad.

O candidato á reelección tamén anunciou a posta en marcha un  Plan de Inversión Social, de máis de 30 millóns de euros “co obxectivo dun 100% de cobertura á Dependencia”. De feito, a Dependencia será un outro dos eixes de actuación en materia social, con: novos programas de acompañamento; axudas para os coidadores; coa creación dun Observatorio para as persoas que viven soas; e coa construción dunha nova residencia pública de 120 prazas no Vinteún.

Tamén reforzaremos o noso compromiso coas familias monoparentais ou en risco de exclusión, impulsaremos a conciliación laboral e familiar, e loitaremos contra a lacra da violencia de xénero e os teitos de cristal que atopan as mulleres”, sinalou Vázquez Abad.
En materia de Asuntos Sociais, o programa tamén contempla unha oficina de asesoramento e acompañamento para os inmigrantes que cheguen a Ourense, para axudarlles nas súas tramitacións e asesorarlles no caso de que desexen poñer en marcha un negocio.
Promoción Económica, Emprego e Comercio

Co apoio da maioría poñeremos en marcha importantes medidas económicas para impulsar o crecemento da cidade, con baixadas de impostos e de taxas municipais para axudar a aforrar aos veciños, reducir a presión económica sobre os nosos emprendedores e promover a creación de emprego”; dixo Jesús Vázquez.

A aposta porque as familias atopen un emprego na nosa cidade realizarase a través dunha Estratexia de Políticas Municipais de Emprego. Trátase dun proxecto que recuperará para o mercado laboral aos maiores de 40 anos, ofrecéndolles formación específica para os novos nichos de negocio dixital.  Ademais impulsaranse cursos segundo as necesidades propias do mercado e dos emprendedores de Ourense, para que o alumnado remate con posibilidades reais de traballo.
Para revitalizar o Comercio Local implantarase unha tarifa cero, para que os comercios que abran na Zona Histórica  non teñan que preocuparse polas taxas municipais durante o primeiro ano de mandato. A redución de taxas no resto da cidade será do 50%.
Os parques industriais vivirán un novo pulo con máis terreo e dotacións, cunha oficina do inversor para atraer novos negocios e axilizar trámites e baixando os impostos as empresas que xeren empregos.
Infraestruturas

“Ourense vivirá unha nova transformación para converterse na gran capital que queremos que sexa”, explicou Vázquez Abad, “cun PXOM que vai ser o motor económico da nosa cidade e creará miles de empregos”.

Entre os puntos do programa electoral en materia de infraestruturas o candidato á reelección á Alcaldía referiu o Plan Integral de Humanización, por máis de 20 millóns de euros, “que fará realidade as miles de aportacións veciñais ao Plan Móvete por Ourense”.
Seguirá a transformación da cidade iniciada durante o primeiro mandato de Jesús Vázquez a través de ambiciosos proxectos como a construción de novos parques inclusivos; un Plan de Obras, de 25 millóns de euros e un Plan de Investimento específico para o Rural, dotado de 15 millóns de euros.
Ourense será unha Cidade Verde, coa implementación do Plan de Mobilidade, a través do Ecobarrio de A Ponte (máis de 22 millóns de investimento) e coa construción de catro  novos aparcadoiros para disuadir do uso de vehículo no centro da cidade.

Administración local

“Este será o mandato no que acometeremos a baixada máis ambiciosa dos impostos e taxas municipais. Porque sabemos que é o mellor xeito de incentivar a inversión das familias, e para que moitas persoas se animen a crear a súa propia empresa”, incidiu Vázquez Abad.

Ademais, en materia de Administración Local o programa contempla achegarse aos cidadáns coa apertura de Oficinas de Atención nos barrios, que tamén permitirá reducir os prazos administrativos.
Turismo e Termalismo

Entre os seus puntos máis destacados o programa aposta por converter as marxes do Miño nunha gran contorna termal e de ocio.Coa construción dun macro complexo na zona da Chavasqueira, no espazo que hoxe ocupan o antigo matadoiro e o Parque de bombeiros;  a transformación do camping de Untes; a creación dun parque para caravanas. Ademáis, a Cárcere Vella acollerá un moderno hotel balneario de luxo.
O programa tamén impulsará as dotacións sanitarias, a través da ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), que suporá un  investimento de 64,4 millóns de euros e un novo Centro de Saúde no Vinteún.
En materia de Deportes, o proxecto presentado por Jesús Vázquez contempla un novo Complexo Deportivo na Ponte, unha Cidade Deportiva en Mariñamansa, e a transformación do Estadio do Couto nun gran terreo de xogo, con campos de adestramento e aparcadoiro.
“Se Ourense quere, este plan ambicioso será posible. Cunha Administración Local próxima e eficiente: que baixará a presión fiscal sobre a cidadanía, que ofrecerá solución, que se achegará aos barrios e que apostará polo diálogo para resolver problemas”, dixo Vázquez Abad.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.