Locais 2019: Comeza á campaña electoral na que o Partido Popular agarda obter a confianza maioritaria dos electores


As 0,00 horas de hoxe comezou coa pegada de carteis á campaña electoral na que todos os que preferíamos outro Goberno de España unamos agora o noso voto no Partido Popular para pasar da decepción de abril á vitoria de maio.


Eu estiven presente no Parque de San Lázaro de Ourense acompañando nese acto ao candidato á presidencia da Deputación Manuel Baltar e á candidatura municipal da capital que encabeza Jesús Vázquez.

Mentre en Santiago, o líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo incidiu en que o PP é un partido amplo no que tamén caben os votantes de Ciudadanos e os votantes moderados doutros partidos. Así, ante o PSOE, as Mareas de Podemos e os nacionalistas, que se alían sempre que poden, avogou por “un pacto moi claro nas urnas”: a unión no Partido Popular para obter gobernos para todos. Neste senso, sinalou que, estando xuntos, foille mellor a España, vaille mellor a Galicia e iralle tamén mellor aos concellos e ás cidades.

"Se queremos volver sentir a decepción do pasado 28 de abril, podemos votar separados, pero se queremos vivir unha noite electoral de vitoria, temos que votar xuntos”, salientou Feijóo, que propuxo a unión na experiencia e na xestión; en candidatos con valía acreditada; na moderación e no sentidiño; e nun proxecto que defenda a unidade do país, ao tempo que un profundo amor por Galicia e por España.

Así mesmo, indicou que, de cara o 26 de maio, é preciso non deixar que as Eleccións Xerais eclipsen a próxima cita coas urnas e ter en conta que o PSOE se entregou ás Mareas de Podemos e ao nacionalismo nos concellos; formacións que supoñen parálise, división e sectarismo. Por iso, destacou que, se cada galego avalía a situación do seu municipio, os candidatos, os equipos, os programas, a experiencia e como funcionaría mellor o seu municipio, confiará nestas eleccións no Partido Popular.



Con la tecnología de Blogger.