Asisto onte en Cruz de Rante, en San Cibrao das Viñas, a un mitin no que o presidente do PPdeG, Alberto Núñez
Feijóo salientou que o candidato popular, Manuel Pedro Fernández,
leva oito anos demostrando que sabe escoitar e solucionar os problemas: “Por
iso é o mellor alcalde que pode ter San Cibrao para seguir crecendo, porque a
traxectoria ascendente desde municipio non pode parar agora”.
Como sinalou, aínda hai moito que facer neste municipio ourensán, e só o PP
pode garantir que isto suceda, lembrando que os populares van cumprir con obras
clave como o enlace da A-52 co polígono industrial, na que a Xunta está a
traballar a pleno rendemento e que estará lista nesta lexislatura; e con máis
medidas para a conciliación da vida familiar e laboral, como as que incluirá a
futura Lei de impulso demográfico.
Pediu unir o voto no Partido Popular para que
unha maioría teña alcaldes que se deba unicamente aos seus veciños e non aos
seus socios.
Por iso, fixo fincapé en non dividir o voto
en diferentes partidos nin quedando na casa sen ir a votar, xa que de facelo
perderán todos os veciños que preferían un alcalde do PP, en lugar do que saia
da suma de nacionalistas, populistas e socialistas.
Dixo que só hai unha
maneira de gañar as eleccións e é unindo o voto no Partido Popular, para así
ter, ademais, gobernos con programa e que crean na xestión. E é que, tal e como
incidiu, votar ao PP é ter a certeza de que o voto acaba en gobernos que
gobernen, unidos e comprometidos co seu concello.
O líder do PPdeG indicou que o resultado electoral do
pasado 28 de abril non lle gustou a millóns de españois porque gañou un Goberno
de España que non querían. Así, asegurou que a maioría dos votantes de
Ciudadanos e Vox terían preferido un presidente do PP a un presidente do PSOE
apoiado por Podemos e os nacionalistas, do mesmo xeito que preferían unha
maioría do PP no Congreso e no Senado. Por iso, Feijóo incidiu en que a única
fórmula de conseguir uns resultados electorais que satisfagan o próximo 26 de
maio é unir o voto no Partido Popular e non deixar que o azar decida.
De cara as Municipais, Feijóo salientou que se pode cambiar
o resultado do 28 de abril e convertelo en vitoria electoral. Subliñou que o
próximo 26 de maio non se escolle simplemente un partido, unha ideoloxía ou
unhas siglas, senón ao veciño que máis escoita e resolve, co que nos
identificamos máis, o que nos representará mellor, o que ten máis proxectos e
máis ganas para levalos adiante, que ten o equipo máis preparado e con máis
capacidade para xestionar e gobernar.
“En definitiva, o veciño ao que lle deixaríamos a chave
da nosa casa”, recalcou. Neste senso, subliñou que só hai un xeito para que o
27 de maio o alcalde do noso concello sexa do Partido Popular: votando
directamente ao PP.
Pola súa parte o presidente provincial, Manuel Baltar pediu aos veciños dos tres concellos que o día 26 de maio “acudades ás urnas coa papeleta do PP, que será a única formación capaz de ofrecervos gobernos estables como os que gozastes neste mandato e que souberon en todo momento aproveitar a colaboración institucional das administracións provincial e autonómica para desenvolver os seus proxectos”.
Pola súa parte o presidente provincial, Manuel Baltar pediu aos veciños dos tres concellos que o día 26 de maio “acudades ás urnas coa papeleta do PP, que será a única formación capaz de ofrecervos gobernos estables como os que gozastes neste mandato e que souberon en todo momento aproveitar a colaboración institucional das administracións provincial e autonómica para desenvolver os seus proxectos”.