Xerais 2019: O Partido Popular priorizará o remate das obras “do AVE que fará de Ourense unha provincia máis competitiva e con maior desenvolvemento económico e social”


A cercana posta en funcionamento do tramo Pedralba de la Pradería- Ourense, a execución das obras da estación “Porta de Galicia” en A Gudiña,o cumprimento do cronograma previsto para a culminación do resto da liña, a variante exterior, a estación intermodal da capital e a dotación do mellor material móvil para á LAV, son os obxectivos que priorizará o Partido Popular de Ourense para o proxecto de construcción da alta velocidade a Galicia, un proxecto de Estado que supuxo o maior investimento en infraestruturas ferroviarias xamais executado.

Este é o compromiso que os candidatos ao Congreso e ao Senado pola provincia de Ourense para as elecccións xerais do 28A fixemos hoxe, durante a visita que realizamos ao Concello da Gudiña, acompañados polo presidente da xunta local do PP, José María Lago.

En nome dos candidatos, reivindiquei o constante traballo realizado polo Partido Popular de Ourense “que estivo sempre a vangarda do seguimento e pulo a este proxecto, reclamando a través dos seus parlamentarios en Madrid os orzamentos necesarios para a súa execución, saíndo en defensa do AVE cando outros partidos cuestionaron o proxecto, como os nacionalistas cataláns de ERC e PdeCat, Ciudadanos ou mesmo nalgún caso as Mareas de Podemos”.

Un compromiso que tamén foi decisivo por parte do goberno de Mariano Rajoy e moi especialmente da ministra de Fomento, Ana Pastor, así como o do seu sucesor Íñigo de la Serna, “impulsando a liña do AVE a Galicia nas súas diferentes fases de estudo, proxecto, tramitación ambiental, licitación e execución”.

Como consecuencia dese compromiso, lembrei, que en poucos meses a viaxe de Ourense a Madrid reducirase das 4 horas e 22 minutos actuáis a 3 horas e media, “unha vez rematen as probas no tramo Zamora-Pedralba de la Pradería e que conceda a correspondente autorización a Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria”.

Na procura de máis avances na LAV Madrid-Galicia, os candidatos populares comprometémonos a impulsar as obras no seguinte tramo, entre Pedralba de la Pradería e Ourense, “de tal xeito que se poda cumprir o cronograma para a súa entrada en servizo”.

Dixen que desde o Congreso e mailo Senado, os representes do Partido Popular seguiremos de preto a licitación das obras da variante exterior de Ourense (Taboadela-Túnel de Rante-Seixalbo-Ourense) “xa que o ramal que hoxe se constrúe entre Taboadela e Ourense ten un carácter provisional”, advertin , que non esqueceu os compromisos adquiridos para a estación intermodal de Ourense nas súas diferentes fases.

Un labor de seguimento que non se limita só ás obras, destaquei, “pois queremos un AVE de máxima calidade para os usuarios, polo que demandaremos a RENFE que os novos trens Avril de ancho variable presten servizo nesta liña, asegurando así a conexión entre Ourense e Madrid nun tempo de 2 horas y 15 minutos.”

Finalicei afirmando que o remate das obras “do AVE  fará de Ourense unha provincia máis competitiva e con maior desenvolvemento económico e social”

A GUDIÑA, PORTA DE GALICIA

Os candidatos do Partido Popular escollmos A Gudiña para este encontro por se tratar da primeira estación da liña do AVE na comunidade e na provincia. As obras de execución de “Porta de Galicia”, como así se denominarán estas instalacións, foron adxudicadas recentemente e están chamadas a ter un papel protagonista nas comarcas de Monterrei, Viana, Valdeorras e mesmo o norte de Portugal.

O presidente da xunta local do PP e alcalde da Gudiña, José María Lago, agradeceu o compromiso público dos candidatos, aos que recoñeceu o seu traballo a prol dunha infraestrutura da que queren aproveitar todas as vantaxes que lles ofrece. “Na actualidade hai preto de 22.000 viaxeiros ao ano que collen o AVE na nosa estación, pero seguro que esta cifra seguirá crecendo e non podemos perder esta oportunidade”.

Así, pediu apoio aos candidatos para mellorar as conexións co norte de Portugal, “onde hai 250.000 potenciais usuarios do AVE”, comprometéndose pola súa banda “a tentar que os peregrinos comecen aquí o seu percorrido pola Vía da Prata, ofrecéndolles ademais outras experiencias como visitas aos espazos naturais que nos rodean”. O ámbito económico tamén se verá favorecido, “pois temos unha vintena de establecementos hosteleiros e hoteleiros que ofrecen todos os servizos necesarios”.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.