Xerais 2019: comeza a xornada electoral
Ás 9,00 Ás 9,00 horas de hoxe abríronse 542 mesas electorais ás que están convocados 264.842 ourensáns que elixirán os seus representantes nas Cortes Xerais.
En total catro deputados e catro senadores, aos que aspiran 13 partidos.
Os electores ourensáns, 260.513 teñen fixada a súa residencia
nalgún dos 92 concellos da provincia, mentres
que 4.349 solicitaron o voto ao que teñen dereito como residentes no
exterior.
As 10,30 no Colexio Electoral de Curros Enríquez votei e logo estiven percorrendo varios centros de votación en diferentes barrios da cidade de Ourense.
Recibirá resposta