domingo, 28 de abril de 2019

Licitado o contrato de control e vixilancia das obras da Circunvalación do Barco de Valdeorras


O BOE do día 24 desta semana publica o anuncio de licitación do contrato da Dirección Xeral de Estradas que ten por obxecto o control e vixilancia das obras: Conexión entre as estradas  N-120 e  N-536. Tramo. Sobradelo – O Barco de Valdeorras (Circunvalación do Barco de Valdeorras)

O valor estimado ascende a 1.911.686,49 euros.

https://www.boe.es/boe/dias/2019/04/24/pdfs/BOE-B-2019-17951.pdf


Lembrar que o 21 de decembro de 2018 o Consello de Ministros, autorizaba á licitación do contrato de obras para para a execución das obras de construción do tramo de estrada de conexión entre as nacionais  N-120 e  N- 536 entre Sobradelo e O Barco de Valdeorras, na provincia de Ourense, cun orzamento total de 63.640.276,29 €. 

Neste momento pendente de adxudicación.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta