Compre destacar a altísima participación en Galicia nas eleccións xerais de onte, que chegou ata o 73,97 %, cando en 2016 fora do 58,76 %.
Finalizado onte o reconto o PSdeG-PSOE gañou as eleccións en
Galicia recibindo un total de 524.844 votos (32,13 %), que se traduciron en dez
escaños, catro máis que en 2016.
En segunda posición quedou o PPdeG que obtivo un respaldo
de 447.562 votantes (27,39 %), que supuso nove escaños, tres menos que en 2016.
En terceiro lugar aparece PODEMOS que recibiu o voto de 236.746 galegos (14,49 %) e obtivo dous escanos, tres menos que en 2016.
Y en cuarta posición aparece Ciudadanos que foi respaldado
por 182.678 votos (11,18 %) e dous escanos.
Nin BNG nin VOX acadan escanos.
O PPdeG, pese ao mal resultado de perder 14,14 puntos de
apoio, queda 10,70 puntos por riba da media do PP en toda España, e resulta a
Comunidade con mellor resultado electoral do PP. Gaña
Hoxe Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG,
dicía: “Lamentablemente, pasou o que dixemos que podía pasar, que dividindo o
voto do centro e de dereita quen gañaba era o PSOE e Pedro Sánchez”, salientando
ademais, a que a estratexia de Pedro
Sánchez de divide e vencerás e de meter medo coa dereita radical para mobilizar
ao seu electorado tivo os seus resultados nas urnas. Subliñou que máis de 120.000 votos ao centro e a dereita en Galicia non tiveron
representación non Congreso e “con eses votos o PPdeG sería a primeira forza”
na nosa comunidade.
Un dato significativo, dixo, é que Galicia foi a única comunidade autónoma
na que VOX non conseguiu escanos e que tivo a metade da porcentaxe de voto que
no resto de España; e onde o PP obtivo 7 escanos máis que Ciudadanos. “Dixemos
que non había cabida para VOX en Galicia e non a houbo”, sostivo, tras recordar
que os 85.000 votos a esta formación non obtiveron escano.
En calqueira caso o resultado é de todos, cando é bo e cando
non o é. Dos bos resultados todos somos responsables, do mesmo xeito que dos
malos resultados tamén todos o somos.
Recibirá resposta