Xerais 2019: O PP gaña na provincia de Ourense e obtén 5 dos 8 representantes nas Cortes Xerais

Na provincia de Ourense, votaron onte 192.323 electores (73,82 %), vintedous puntos máis que en 2016. 




O Partido Popular foi o gañador con 66.121 votos (34,81 %) seguido de PSOE con 62.657 (32,99 %) e de Ciudadanos con 20.430 (10,76%). En cuarto lugar Podemos con 17.002 votos (8,95 %), seguido de VOX con 9.708 (5,11 %),  de BNG con 7.451 (3,92 %). Sétimo foi En Marea con 2.188 (1,15 %) e octavo o PACMA con 1.482 votos (0,78 %).

Estos resultados implican que os populares teremos dous representantes no Congreso, Ana Vázquez e Celso Delgado,e os socialistas outros dous, Marina Ortega e Adolfo Pérez. 

E no Senado o PP terá tres senadores, Carmen Leyte, Miguel Viso e Francisco Fernández e o PSOE un, Juan Carlos Francisco.

En definitiva no cómputo global de escanos o PP obtivo 5 dos 8 representantes ourensáns nas Cortes Xerais.

O retroceso en votos do PP foi moi notable, pasando dos 92.539 (49,70 %) aos 66.121 (34,81 %). 

Pese a todo a provincia de Ourense rexistrou a maior porcentaxe de apoio ao Partido Popular en toda España, onde sólo o PP foi a forza máis votada en outras tres provincias, Lugo, Salamanca e Ávila. 

 Foi unha porcentaxe case 7,5 puntos máis que a media do PP de Galicia e máis de 18 puntos a nivel nacional.

O PP foi a forza máis votada en 70 concellos da provincia, empatando ademais en Laoruco.

Ademáis foi o único partido que superou o 60 % en concellos, destacando os resultados obtidos en Avión, Beariz e Quintela de Leirado, con máis do 75 %.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.