Lembrando o impulso dos deputados galegos no Congreso á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial

Como dicía na anterior entrada, onte recibíamos a excelente nova de que a Ribeira Sacra foi elixida candidata de España para Patrimonio Mundial da UNESCO. 

Un éxito froito do traballo de cooperación entre administracións e entidades, no que tamén participou co seu impulso o Congreso dos Deputados.

Lembro agora que hai máis de catro anos, o 11 de marzo de 2014 acompañaba con otros dos deputados galegos, o luucense Joaquín García Díez e o coruñes Antonio Erias, a miña compañeira deputada ourensá Ana Belén Vázquez na Comisión de Cultura do Congreso, onde ela defendía unha Proposición non de Lei do GPP que logrou o apoio unánime da Cámara Baixa para instar ao Goberno a apoiar e defender nas instancias internacionais oportunas a candidatura como Patrimonio Mundial da Ribeira Sacra.

Así o  facía constar no meu Blog

http://www.celsodelgado.gal/2014/03/hoxe-mina-companeira-deputada-ourensa.html

Ana Vázquez, naquel día puxo en valor este espazo natural da provincia de Ourense, compartido xeográficamente coa de Lugo, e destacou que a Ribeira Sacra tiña méritos dabondo para ser incluído, xa que, segundo dixo, a paisaxe xurdida polo moldeado que durante séculos realizaron os ríos Miño e Sil que formaron uns canóns escarpados e agrestes, e digna de admiración.

Destacou que se trata dun territorio cuns perfís xeomorfolóxicos propios, cunha paisaxe única no que se mesturan bosques de castiñeiros e carballeiras centenarias, cos socalcos de viñedo que os agricultores da sua denominación de orixe manteñen en produción desde fai séculos.

Recoñeceu as dificultades do proceso que se pide, xa que España era entón o terceiro país do mundo con máis bens inscritos na Lista de Patrimonio Mundial, cun total de 44, tras Italia (49) e China (45), e era consciente de que cada Estado só pode presentar un máximo de dúas candidaturas ao ano, das que polo menos unha delas debe corresponder a un ben natural e a outra a un ben cultural ou unha paisaxe cultural.

Dixo que pese a todo, o Grupo Parlamentario Popular entendía que a Ribeira Sacra reúne as condicións necesarias, xa que se trata dunha paisaxe no que brotan tesouros de inmenso valor arquitectónico como os seus mosteiros románicos, pazos e conventos, que recordan a importancia que tivo esta comarca durante a Idade Media e entre os que destacan Santo Estevo de Ribas do Sil ou San Pedro de Rocas.

Lembrou que a Ribeira Sacra atopábse xa inscrita na Lista Indicativa de Patrimonio Mundial desde o ano 1996, unha lista que constitúe un repertorio previo no que as futuras candidaturas deben ser incluídas antes de poder ser presentadas formalmente á Lista de Patrimonio Mundial; e que as Diputacions Provinciais de Ourense e Lugo xa aprobaran o apoio a esta candidatura, igual que os concellos afectados de ambas provincias e o Parlamento de Galicia. 

Este a ligazón ao Diario de Sesións, no que poden leerse todas as intervencións, incluída a da deputada Laura Seara en nome do PSOE.


http://www.congreso.es/public_oficiales/L10/CONG/DS/CO/DSCD-10-CO-520.PDF

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.