Xa gozamos dunha renovada Avenida Otero Pedrayo que revaloriza unha entrada fundamental a Ourense


Esta mañá a primeira hora saín a correr pola cidade e aproveitei para facelo tamén polas beirarúas da Avenida Otero Pedrayo, que onte mesmo foi visitada polo presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo e o alcalde de Ourense Jesús Vázquez.

As obras foron rematadas recentemente tras o investimento pola Xunta de 2,2 millóns de euros.

Trátase dunha actuación de reforzo da seguridade viaria e integración na trama urbana, ambiciosa e completa, coa que o Goberno galego lle deu resposta ás necesidades dos veciños.

A Xunta actuou nos 2 primeiros km desta estrada, que conta con tráfico intenso ao atravesar o campus universitario e ser, ademais, unha das vías de entrada á cidade.

Contempla dúas glorietas, no acceso ao barrio da Rabaza e ao campus norte, e admáis houbo unha mellora da rede de abastecemento, saneamento e drenaxe.

Tamén foron executadas as novas beirarrúas e un tramo de senda peonil, así como instalada a iluminación coa colocación de luminarias LED para maior eficiencia enerxética, e os semáforos con pulsador para favorecer o paso dos peóns.

Puiden ver rematados os traballos de xardinería e acondicionamento do interior das novas glorietas, nas que se colocaron fontes con iluminación decorativa, para reforzar o vínculo de Ourense coa auga, símbolo xa da cidade.

E perfectamente executado o aglomerado, o pintado da estrada e a sinalización.

A miña impresión é de gran satisfacción pois esta Avenida é unha arteria fundamental de entrada á cidade, e precisaba de melloras da seguridade víal para peóns e conductores.

Está ubicada nun barrio onde viven milleiros de ourensáns e ademáis e o vial de acceso ao Campus Universitario, que así queda revalorizado.

Parabéns á moi eficaz conselleira Ethel Vázquez  e por suposto ao noso alcalde Jesús Vázquez, loitador incansable para que estas obras sexan hoxe unha feliz realidade.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.