Visitando, no último día da lexislatura, as obras do ramal de conexión da LAV coa Liña Convencional en Taboadela


Hoxe, o último día da XII Lexislatura e adico parte desta mañá a visitar as obras
de construción do ramal de conexiónda Liña de Alta Velocidade.
coa Liña Convencional en Taboadela. 

Como xa teño dado conta neste blog, o 9 de agosto e o 16 de setembro de 2018 visitei estas obras. 

Achego estas ligazóns que acreditan o que acabo de manifestar:




Cento cuarenta días despois da derradeira visita, constato un notable  avance nas estruturas, nos movementos de terras, etc. Dito isto sempre desde a posición dunha persoa que non é técnico na materia. 

Lembrar que con data 26 de febreiro de 2018, na etapa de goberno do Partido Popular  adxudicaronse estas obras a COMSA,  S.A.U.


O importe de adxudicación total foi de 5.327.818,02 euros. O contrato formalizouse o 20 de marzo de 2018 e o prazo de execución previsto no prego é de doce meses.

Volverei novamente dentro dun par de meses para ver como evolucionan as obras deste ramal que permitirá a continuidade da conexión ferroviaria de alta velocidade entre a cidade de Ourense e a Meseta, mentres se tramita e constrúe a Variante Exterior de Ourense.

Agardo que daquela o avance sexa moito máis evidente.







Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.