Autorizados contratos por valor de 32,7 millóns de euros para a renovación de vía do tramo Ourense-Monforte-Lugo

Estación de Monforte de Lemos
Apunto hoxe o acordo adoptado o pasado venres no Consello de Ministros polo que autoriza ao Ministerio de Fomento a licitar, a través de  Adif, dous contratos de adquisición de materiais para a renovación de vía do tramo Ourense-Monforte-Lugo.
O importe global destas licitacións é de 32.741.154,03 euros (IVE incluído).
Informa o Goberno na súa web que “as actuacións de mellora do tramo Ourense-Monforte-Lugo, nas que se enmarcan estas licitacións, teñen como obxectivo optimizar as condicións de explotación do traxecto en aspectos tales como a seguridade, o confort e os tempos de viaxe.
Os traballos para realizar están asociados ás condicións e futuros parámetros de explotación en alta velocidade ferroviaria que se expoñen para o traxecto Ourense-Monforte de Lemos-Lugo.
O contrato que conta cun maior importe de licitación, por valor de 17,5 millóns de euros (IVE incluído), comprende a subministración e transporte de 186.983 travesas  monobloque polivalentes (válidas para ancho ibérico e estándar).
Este contrato divídese, á súa vez, en dous lotes:
•           Lote 1, Ourense-Monforte (79.659 unidades), cun importe de licitación de 7.479.867,77 euros (IVE incluído).
•           Lote 2, Monforte-Lugo (107.324 unidades), cun importe de licitación de 10.060.763,28 euros (IVE incluído).
O segundo contrato, que conta cun importe de licitación de 15,2 millóns de euros (IVE incluído), contempla a subministración de 15.118 toneladas de carril.
Esta actuación tamén se divide en dous lotes:
•           Lote 1, Ourense-Monforte (6.436 toneladas), cun importe de licitación de 6.469.415,75 euros (IVE incluído).
•           Lote 2, Monforte-Lugo (8.682 toneladas) e un importe de licitación de 8.731.107,23 euros (IVE incluído).
Estes contratos de abastecemento de material de vía súmanse aos licitados recentemente para a subministración e transporte de  balasto, por 12,46 millóns de euros, e de aparellos de vía, por 8,28 millóns de euros (IVE incluído en ambos os casos).”
Lembro neste momento como o pasado 7 de maio de 2918 celebrouse en Lugo unha importante reunión na que o Ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, en presenza do presidente Alberto Núñez Feijóo, da alcaldesa de Lugo e doutras autoridades presentou as actuacións previstas para a conexión ferroviaria  entre Ourense e Lugo.  Así daba conta neste Blog:


Estación de Ourense
Nese acto o ministro explicou as actuacións a desenvolver. E entre elas a renovación da superestrutura de vía no trazado completo actual Ourense-Monforte de Lemos-Lugo. Naquel momento estaba o proxecto en redacción.

Dito todo o anterior, celebro este acordo do Consello de Ministros que da continuidade o traballo iniciado na etapa de goberno do Partido Popular. A renovación da liña de ferrocarril entre Lugo e Ourense, é unha auténtica necesidade e incidirá na comodidade e na velocidade dos percorridos, contribuindo ao incremento de viaxeiros e favorecendo a cohesión territorial da Galicia interior.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.