Asisto hoxe en Vigo ao acto de entrega de carnés aos novos afiliados.
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, denunciou que a Pedro Sánchez non lle interesou Galicia nin un minuto do seu mandato, por iso, á Comunidade tampouco lle interesa seguir padecéndoo como líder do Executivo.
Tras afear que o socialista non viñese como presidente nin unha soa vez nestes nove meses, lamentou que Galicia teña que padecer a un dirixente para o que non todos os españois son iguais e que non goberna para todos, que presume dun proxecto de orzamento que baixaba aquí un 30% mentres subía un 60% noutros lugares, que puxo en cuestión cada un dos proxectos que estaban comprometidos para a Comunidade, que se desentendeu e está a prexudicar ao emprego, que ignora aos galegos cando se lle pide investir 300 millóns máis en políticas sociais e que non mostra “ningún respecto por aqueles que cumprimos co noso deber”.
Segundo declarou, Galicia necesita un presidente que nos teña na consideración que merecemos dentro de España xa que “non pedimos ser máis que ninguén, pero tampouco permitimos que se nos trate coma se fósemos menos que os demais”, alguén con palabra, que cumpra os compromisos de Estado coa nosa terra, que defenda a Constitución, que non toque de oído –ou directamente invéntello- cando se fala da Comunidade. “O que lle interesa a Galicia é que Pablo Casado sexa o próximo presidente de España”, dixo poñendo en valor que o líder do PP sempre demostrou que a nosa Comunidade está na súa axenda.

UN PARTIDO ABERTO, AMPLO E DE GOBERNO
Feijóo subliñou que, mentres o Partido Popular crece, ao PSOE xa nin se lle recoñece; do BNG xa se foron todos os que se podían haber ido; as Mareas, despois de gobernar en cidades, “xa son os restos das Mareas de Podemos”; e Cidadáns e Vox fan moito ruído cando por fin conseguen fichar a alguén pero cada día sofren en silencio decenas de cabazas “porque PP só hai un”.
O presidente manifestou tamén que son un partido que defende os intereses de España e de Galicia, coas portas abertas, amplo, de maiorías e de Goberno, engadindo que se trata dunha formación construtiva, con experiencia e con ideas, propostas e políticas para todos os ámbitos. Nese sentido, remarcou que o PPdeG leva dez anos tendo a confianza maioritaria dos galegos porque “nos dedicamos a dicir a verdade e a xestionar a realidade por moi difícil que fose”.

De igual modo, explicou que o fácil é “repartir doutrina mentres outros acompañamos ao noso pobo nos anos máis difíciles, esconderse durante semanas detrás dunha conta de Twitter mentres chamas covarde aos demais, ou inventarse o que pasa en Galicia para ver se así lle coa a alguén”. Precisamente por estas formulacións fáciles e falaces, Feijóo lembrou que case ninguén lles cre en Galicia e sempre fracasaron.
Así mesmo, aseverou que, a diferenza de Sánchez, que lle vale calquera cousa con tal de estar na Moncloa, e dos partidos minoritarios, que se presentan para tentar impoñerse á maioría e condicionar ao Goberno; o difícil é gobernar, que é o que quere o PP: “Asumir, unha vez máis, todas as responsabilidades de que este país vaia adiante. E queremos unha maioría ampla para poder facelo”.
A ALTERNATIVA É O VOTO Ao PP
“Este partido é útil para Galicia e é útil para España e o resto de partidos, directa ou indirectamente, é útil para Pedro Sánchez”, sinalou o líder do os populares galegos indicando que “o PSOE xa non é o PSOE” senón a formación de Sánchez.
Como apuntou, Podemos, os nacionalistas e os independentistas están dispostos a volver apoiar Sánchez, mentres que outros supoñen unha división do voto que tamén beneficia ao socialista. “Non é de estrañar que Pedro Sánchez estea encantado con Cidadáns e Vox, partidos cuxo voto favorécelle, que poñen máis empeño en criticar ao PP que ao PSOE e con propostas disparatadas que tapan o disparate para España que é o goberno de Pedro Sánchez”, subliñou.
Por este motivo, destacou que a única alternativa é o Partido Popular, que non esquece que a razón destas novas eleccións é que o secretario xeral do PSOE empeñouse en gobernar a calquera prezo e despois foi incapaz de facelo.
Recibirá resposta