Expourense presenta os datos de 2018, o ano da compatibilidade total entre a actividade feiral e a atlética

Asisto hoxe en  Expourense ao acto no que a Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense presentou os datos de 2018, o ano da compatibilidade total entre a actividade feiral, que leva máis de 20 anos realizando, e a nova actividade deportiva procedente da instalación da pista de atletismo cuberta e que multiplicou a  multifuncionalidade do recinto. 

A Memoria da actividade de  Expourense no pasado ano foi presentada esta mañá no propio recinto nun acto no que participou a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, en representación do Conselleiro de Economía e Industria, e presidente do Padroado de  Expourense, Francisco Conde; o alcalde de Ourense e vicepresidente executivo de  Expourense, Jesús Vázquez; do vicepresidente da Deputación provincial de Ourense, Rosendo Fernández; da vicepresidenta da  CEO, Marisol Novoa; o director territorial de  ABANCA, Rubén  Saavedra; o alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández, e o director xerente de  Expourense, Alejandro  Rubín.

Todos eles coincidiron en destacar o papel de dinamizador do territorio e de referencia internacional que xogan as feiras e eventos organizados polo recinto. 

Durante 2018  Expourense celebrou 13 feiras, 3 das cales ( Xantar,  Termatalia e  Funergal) foron de carácter internacional o que supón que  Expourense organizou a metade das citas internacionais celebradas en Galicia o ano pasado. 

Alejandro Rubín
Os 17 eventos organizados no recinto e a quincena de competicións deportivas reuniron en total a máis de 113.000 visitas procedentes de 38 países.

Todos os certames contaron coa presenza de 1.073 expositores, unha cifra superior á do ano anterior (940 expositores) e que indica o bo grao de fidelización e confianza das empresas e institucións polos proxectos levados a cabo por  Expourense.

Estes datos confirman a  Expourense como unha plataforma que contribúe, a través da organización de citas únicas, a fomentar a competitividade das empresas galegas e a facilitar contactos internacionais, sobre todo en sectores estratéxicos como o termalismo, a  enogastronomía, o turismo activo, a automoción ou a industria funeraria.

Por todo o anterior, as feiras e eventos promovidos por  Expourense exerceron de axente dinamizador da actividade económica galega conseguindo ademais a  involucración dos empresarios e fomentando o asociacionismo.

Feiras Internacionais

A celebración de  Termatalia  en Foz do   Iguaçu, no Brasil, considerada unha “das mellores edicións da historia”, supuxo tamén un importante fito na actividade feiral do ano. A cuarta edición en América Latina da Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, congregou no Brasil a 200 expositores e a profesionais de 34 países e consolidouse como gran cita para os profesionais do turismo de saúde a nivel mundial.

Tamén se consolidou como unha das grandes citas internacionais do sector  Funergal, a Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios que convocou a 111 expositores de 14 países e superou as 4.000 visitas.

Entre os certames internacionais celebrouse tamén a 19ª edición de  Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que contou con Portugal como país invitado e que contou coa participación de 12 países.

Calendario feiral

Entre as novidades no calendario feiral de 2018 destacou o nacemento dunha nova feira:   Antiq   Auria, Feira Internacional de Antigüidades, coorganizada coa Asociación “Memoria Antiga” de Ourense. Trátase dunha cita bianual que celebrou as súas dúas primeiras edicións nos meses de maio e novembro do ano pasado e que congregaron cada unha a máis de 50  expositores de 5 países.

Tamén se celebrou unha nova edición de  Previsel,  Salón da Prevención e Seguridade #Laboral, o único salón destas características en Galicia e que consegue a   involucración activa de todos os axentes vinculados á prevención.
O 2018 foi o ano de consolidación do Salón do Deporte e Turismo Activo -   Sportur Galicia que celebrou a súa segunda edición co obxectivo de dar a coñecer Galicia como destino activo e saudable e promocionar a multitude de opcións que esta comunidade ofrece para os afeccionados ao deporte e ás actividades ao aire libre. De carácter mixto e   bienal, tamén se celebrou en 2018 l a 11ª edición de  Galisenior,  Salón Internacional das Persoas Maiores.

Expourense tamén organizou en 2018 citas orientadas ao público xeral de carácter comercial que convocaron os diferentes sectores, servindo de plataforma especialmente para o comercio local e contando co apoio de asociacións empresariais como é o caso dos centros comerciais abertos ou de  ACAUTO (Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense). Con esta última,   Expourense coorganizou a 10ª edición do Salón do Automóbil (Novo e de Ocasión) que é unha das citas que  xera maior volume de negocio con 429 vehículos vendidos. No 2018 cumpriu a súa 19ª edición Celebra, Salón de Vodas,   Bautizos, Comuñóns e Actos Sociais que volveu contar cunha pasarela de moda na que as empresas ourensáns mostraron a calidade e a innovación coa que traballan. Tamén cumpriu dous anos o proxecto   Bebega, a Mostra do Bebé. O calendario anual concluíu unha  vez  maís coa celebración de  Megaxove,  Salón da Mocidade.

Actividade deportiva

Estreada en decembro de 2017, o 2018 foi o ano da posta en funcionamento e a pleno rendemento da pista de atletismo cuberta de  Expourense,  unha das tres de España e unha das mellores de Europa. Durante este ano, a pista acolleu a celebración dunha quincena de probas deportivas organizadas a gran maioría delas pola Federación de Atletismo de Galicia coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte. Estas probas convocaron ao longo do ano a 19.700 visitas o que supón un novo ánimo de atracción de deportistas á cidade. Entre as probas  disputadas destacou o   XLV Campionato de España   Sub20 en pista cuberta. 

Vinculado coa actividade deportiva,   Expourense foi en 2018 una das entidades  coorganizadoras do Campionato de España de Baile Deportivo celebrado no mes de xuño. De maneira simultánea e complementaria,  celebrouse  tamén o 1º Congreso Internacional de Baile Social “Ourense, Provincial Termal” que  incluía shows, espectáculos e   masterclass con algúns dos mellores bailaríns e orquestras do Mundo. 

Hai que destacar tamén o labor levado a cabo para a promoción internacional de Galicia, a aposta pola innovación, a promoción e organización de xornadas, cursos e seminarios de formación ou actualización profesional. 

Reesaltar tamén que  as instalacións de  Expourense  foron o escenario elixido para a organización dunha vintena de eventos de distintas entidades públicas e privadas. Estas citas indican que outras empresas confían nas infraestruturas e soporte de  Expourense  para organizar as súas actividades. Entre os eventos celebrado neste recinto destacou o XX Congreso Estatal de Voluntariado que contou con máis de 1.200 asistentes de toda España.

Felicidades ao equipo de EXPOURENSE e moi en especial ao seu Director Xerente, Alejandro Rubín, que xestionou durante vinte anos cun enorme acerto e que conseguiu que o noso recinto feiral estea recoñecido como o mellor de Galicia.

A súa traxectoria é exemplar.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es


Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.