O PP está preparado para afrontar as eleccións xerais do día 28 de abril


Esta mañá o presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, no contexto dunha declaración institucional anunciou que en exercicio das facultades que ostenta e previa deliberación do Consello de Ministros, propón a disolución das Cámaras e a convocatoria de Eleccións Xerais para o día 28 de abril.

E engadiu que conforme ao establecido no  Art. 115 da Constitución Española, tanto a proposta de disolución das Cortes, como a fixación da data de celebración materializaranse mediante un Real Decreto-lei que será publicado no BOE en tempo e forma.

Pouco tempo despois, chegaba a reacción do presidente do Partido Popular, Pablo Casado, destacando que o PP conseguiu “tombar” ao Goberno de Sánchez, que tirou a toalla, convocando eleccións xerais o próximo 28 de abril, grazas a unha oposición firme, responsable e eficaz nas Cortes, que mobilizou á cidadanía.

Durante a súa comparecencia ante os medios, o dirixente nacional  atribuíu a data do 28Á que o PP “pillou a Sánchez negociando con  Torra” e a que os baróns socialistas -candidatos municipais e autonómicos- non querían o 26 M coincidir con el, porque saben que é “un lastre” para as súas expectativas electorais.

Casado recalcou que o PP está preparado para volver ao Goberno e que sae a gañar e non a empatar cunha campaña en positivo e unha axenda baseada na liberdade, a igualdade e a seguridade.

Tamén fixo declaración o secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurando que “o PPdeG está preparado para afrontar unhas eleccións xerais e empezar a traballar desde hoxe nelas”.

“Estamos convencidos de que imos contribuír decisivamente a botar aos socialistas, aos populistas e aos independentistas do Goberno, estamos moito mellor preparados que uns socialistas que en oito meses só desprezaron a Galicia, estamos moito mellor preparados ca unhas Mareas de Podemos que xa anunciaron que van concorrer divididas ás xerais, e estamos moito mellor preparados ca un BNG que para optar a ter algún deputado fóra de Galicia se ten que aliar con Batasuna e con Esquerra”, remarcou. “Pablo Casado será o próximo presidente do Goberno”, subliñou.

Tamén falou o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo, criticando a convocatoria electoral para o 28 de abril xa que España "pode colapsar" e non merece estar "paralizada ata despois do verán".

Sinalou que  Sánchez priorizou "outra vez" os intereses persoais e de partido aos dos españois, e lembrou que o 26 de maio, un mes despois da data elixida para os comicios xerais, celebraranse eleccións municipais, autonómicas en 13 rexións e europeas.

Deste xeito, apuntou, o lóxico fose, en caso de convocar, facelo á vez.

En calquera caso,dixo que pesou máis máis o interese dos dirixentes autonómicos e"que non queren compartir cartel" con Pedro Sánchez que o interese xeral, unha cuestión que é un problema do Partido Socialista, pero non dos españois.

Con la tecnología de Blogger.