domingo, 10 de febrero de 2019

Feijóo: "ningún presidente ten lexitimidade para negociar o innegociable, que é a soberanía nacional"

Sen dúbida o dirixente autonómico máis relevante hoxe na concentración da praza de  Colón foi o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, que acababa de chegar da súa viaxe a  Norteamérica .

En declaracións a varios medios, que puiden coñecer en directo, Feijóo criticou con firmeza a idea de  Sánchez  de valerse dun  relator, e lembrou que esa non é só a opinión das formacións de centro dereita, senón que a comparten a  maioría dos
dirixentes socialistas que tiveron responsabilidades de goberno.

Dixo que vimos pedir aquí  dignidade para a xente porque a soberanía nacional non se pode negociar.

Saíu tamén ao paso das voces que en Galicia criticaron a súa presenza na mobilización cidadá desta mañá. 

"Eu son o representante ordinario do Estado en Galicia, por lo tanto estou representando a Galicia e non podo estar calado ante a falta de respeto que supón para Galicia esa mesa de negociación na que se están tratando cousas que nos afectan"

O presidente subliñou que "ningún presidente ten lexitimidade para negociar o innegociable, que  é a soberanía nacional".

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-mediodia-fds-4034749?t=641