Medra en xaneiro o paro rexistrado


Difunde hoxe o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social unha nota na que dá conta de que en xaneiro de 2019 o paro rexistrado nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego reduciuse en 190.767 persoas respecto ao mesmo mes do exercicio anterior, cun ritmo de redución interanual do 5,49%.

O número de parados rexistrados no mes de xaneiro de 2019 subiu en 83.464 en relación co mes anterior. En valores relativos, o incremento do paro é dun 2,61%.

Así, a cifra total de desempregados sitúase en 3.285.761. En termos  desestacionalizados, o paro sobe en 3.292 persoas.

O desemprego masculino sitúase en 1.360.448 persoas, ao aumentar en 23.204 (1,74%) e o feminino en 1.925.313, ao incrementarse en 60.260 (3,23%) en relación ao mes de decembro. Se o comparamos con xaneiro de 2018, o desemprego masculino baixa en 115.031 (-7,8%) persoas, e o feminino redúcese en 75.736 (-3,78%).

Respecto a os mozos, o desemprego dos menores de 25 anos baixou en termos interanuais un 4,01%. En xaneiro increméntase en 10.252 persoas (4,15%) en relación co mes anterior, mentres que entre as persoas de 25 e máis anos o paro sobe en 73.212 (2,48%).


O paro rexistrado sobe nas 17 comunidades autónomas, principalmente en Andalucía (19.996), Madrid (11.308) e Comunidade Valenciana (9.369).

Por sector económico de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado reduciuse na Construción, en 6.896 (-2,48%) e no colectivo sen emprego anterior, en 1.346 persoas (-0,5%). Pola contra, increméntase en Agricultura, en 4.920 (3,55%), en Industria, en 1.202 (0,42%) e en Servizos en 85.584 (3,84%). 
GALICIA
Galicia comezou o ano 2019 con 15.086 parados menos que hai un ano, o que supón unha baixada do -7,94% e un nivel de desemprego moi inferior ao rexistrado hai unha década, xa que en xaneiro de 2009 había 201.316 parados fronte aos 174.800 do pasado xaneiro. Ademais, a caída de Galicia é superior a do Estado en 2,45 puntos, xa que en España o paro baixou nun 5,49%.
Por sexto ano consecutivo redúcese o paro en Galicia nun mes de xaneiro. O desemprego tamén baixou nas catro provincias galegas e nas 7 grandes cidades, así como en todos os sectores económicos e nos colectivos prioritarios para a Xunta: menores de 30 anos, parados de longa duración e mulleres.
En canto á evolución mensual, o aumento rexistrado (3,25%)  é a segunda subida máis baixa desde o inicio da crise económica no ano 2008.  Lembrar que o paro aumenta en xaneiro ao longo de toda a serie histórica, desde 1996 e que o crecemento do mes pasado é moi inferior á subida media reflectida en xaneiro dos últimos 10 anos.

Con respecto a decembro, a contratación aumentou en Galicia en maior medida que no Estado, en 5,37 puntos máis e, ademais, a indefinida creceu nun 31,63%, 19,2 puntos por encima do crecemento dos contratos temporais. A tempo completo incrementouse nun 21,55%.
Por provincias, na evolución anual, Lugo liderou a caída (-8,72%), seguida de Pontevedra (-8,28%), A Coruña (-8,21%) e Ourense (-5,02%). Por sectores, destacou a baixada na construción (-18,19%), seguida da industria (-8,90%), da dos servizos (-6,31%) e da agricultura e a pesca (-6,24%).
Con respecto aos colectivos que máis dificultades teñen para atopar un traballo, descendeu nun -7,39% entre os menores de 30 anos; nun -12,78% nos parados de longa duración; e nun -6,64% nas mulleres.
 OURENSE
Medra o paro rexistrado en xaneiro en relación co mes anterior en 262 persoas, un 1,37 %. 

A nivel interanual, isto é, con respecto a xaneiro do ano pasado, 1.024 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 5,02%.


O número de parados queda en 19.361, deles 8.530 son homes e 10.831 mulleres, 18.345 son maiores de 25 anos e 1.016 menores.



Por sectores: 1.125 son da agricultura, 2.420 da industria, 1.720 da construción, 12.303 dos servizos e 1.793 do colectivo sen emprego anterior.

Con la tecnología de Blogger.