domingo, 3 de febrero de 2019

Chegou a neve

Chegou en febreiro a tan esperada  neve, propiciada polo  temporal Helena, e deixouse chegou sentir na provincia de Ourense .

Xurdiron tamén os problemas circulatorios, e tamén boas novas como a apertura das  pistas de esquí da estación de Cabeza de Manzaneda.

Hoxe tivemos  imaxes moi singulares como esta da fermosa igrexa de San Salvador de Camba no municipio de Laza, a case 1.100 metros de altitude, onde para acceder á misa dominical houbo que empregar a pa.

Estamos no tempo...!