sábado, 23 de febrero de 2019

O PPdeG traballará arreo para sacar a Pedro Sánchez da Moncloa, e para levar a estabilidade que existe en Galicia aos 313 concellos galegos.

Asisto esta mañá en Santiago de Compostela a una xuntanza do Comite de dirección do PP de G no que acordamos que o secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado, asuma a coordinación das campañas das eleccións xerais, municipais e europeas.

Logo da súa designación, o dirixente popular agradeceu o reto encomendado e a confianza da súa formación, e dixo que o PPdeG traballará arreo para sacar a Pedro Sánchez da Moncloa, así como para levar a estabilidade que existe en Galicia aos 313 concellos galegos.

Tellado asegurou que “a campaña comeza hoxe e remata o 26 de maio”. Así, os populares explicarán por que o PP é a mellor opción para o Goberno de España fronte aos que tanto dano fixeron ao país en tan pouco tempo, por que o PP é a mellor opción para as alcaldías galegas fronte aos que queren rendelas á sede do PSOE en Madrid, de Bildu no País Vasco ou de Esquerra en Cataluña, e por que o PPdeG é a mellor opción para levar a voz dos galegos ás institucións comunitarias.

Nesta liña, considerou que os orzamentos xerais do Estado, as alianzas do BNG con Esquerra e con Bildu e as liortas internas de En Marea confirman que ningún deses partidos merece unha soa boa nova por parte dos galegos os días de escrutinio. “Quen nada fixo por Galicia nada merece recibir dela”, recalcou.

O coordinador das próximas campañas asegurou que o obxectivo é converter o apoio dos galegos en votos, e eses votos en concelleiros, deputados e senadores que poidan ser muro de contención fronte a aqueles que son a mellor noticia para populistas e nacionalistas. Para iso, pediu aos galegos que escollan a súa formación política con intelixencia, sabendo que en determinados lugares un voto de centro dereita que non acabe na urna do PP pode ser unha boa nova para Pedro Sánchez.

O secretario xeral avanzou que a campaña do partido pasará por peitear o territorio e buscar o voto do convencemento fronte aos que apelan ao voto do medo.

Tellado engadiu que desde 2015 España tivo doce meses de goberno en funcións, a repetición dunhas eleccións, unha investidura que rachou ao PSOE en dous, unha moción de censura co apoio dos independentistas e un adianto electoral só nove meses despois de formar goberno Pedro Sánchez, mentres Galicia tivo un goberno e un presidente. Neste contexto, resolveu que “este modelo de estabilidade é o que o PPdeG quere poñer en valor e polo que quere que aposten os galegos”.secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado, asumirá a coordinación das campañas das eleccións xerais, municipais e europeas, segundo acordou hoxe o comité de dirección do partido. Logo da súa designación, o dirixente popular agradeceu o reto encomendado e a confianza da súa formación, e dixo que o PPdeG traballará arreo para sacar a Pedro Sánchez da Moncloa, así como para levar a estabilidade que existe en Galicia aos 313 concellos galegos.

Tellado asegurou que “a campaña comeza hoxe e remata o 26 de maio”. Así, os populares explicarán por que o PP é a mellor opción para o Goberno de España fronte aos que tanto dano fixeron ao país en tan pouco tempo, por que o PP é a mellor opción para as alcaldías galegas fronte aos que queren rendelas á sede do PSOE en Madrid, de Bildu no País Vasco ou de Esquerra en Cataluña, e por que o PPdeG é a mellor opción para levar a voz dos galegos ás institucións comunitarias.

Nesta liña, considerou que os orzamentos xerais do Estado, as alianzas do BNG con Esquerra e con Bildu e as liortas internas de En Marea confirman que ningún deses partidos merece unha soa boa nova por parte dos galegos os días de escrutinio. “Quen nada fixo por Galicia nada merece recibir dela”, recalcou.

O coordinador das próximas campañas asegurou que o obxectivo é converter o apoio dos galegos en votos, e eses votos en concelleiros, deputados e senadores que poidan ser muro de contención fronte a aqueles que son a mellor noticia para populistas e nacionalistas. Para iso, pediu aos galegos que escollan a súa formación política con intelixencia, sabendo que en determinados lugares un voto de centro dereita que non acabe na urna do PP pode ser unha boa nova para Pedro Sánchez.

O secretario xeral avanzou que a campaña do partido pasará por peitear o territorio e buscar o voto do convencemento fronte aos que apelan ao voto do medo.


Tellado engadiu que desde 2015 España tivo doce meses de goberno en funcións, a repetición dunhas eleccións, unha investidura que rachou ao PSOE en dous, unha moción de censura co apoio dos independentistas e un adianto electoral só nove meses despois de formar goberno Pedro Sánchez, mentres Galicia tivo un goberno e un presidente. Neste contexto, resolveu que “este modelo de estabilidade é o que o PPdeG quere poñer en valor e polo que quere que aposten os galegos”.